Natalia Veiga: “O meu obxectivo principal, como o resto dos anos, é gozar do fútbol e, por suposto, dar o mellor de min día a día”

Natalia Veiga Aneiros (Ferrol, 2001) afronta unha nova tempada coma referente indiscutible de O Val. Será a súa cuarta campaña vestindo esta camiseta e a segunda na Terceira Federación, onde continúa resoando como un baluarte inesgotable da familia valexa, preparada para conquistar novos desafíos con corazón, coraxe e ambición infinita, deixando pegada en cada partido. […]