Daniel Remuiñán sairá loitar polo podio no Rallye San Froilán

O piloto larachés disputará a penúltima cita do galego co Skoda Fabia R5 Evo coa intención de situarse entre os mellores.

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras estarán presentes esta fin de semana no emblemático Rallye San Froilán, penúltima proba do Campionato Galego de Ralis. A parella porase aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo coa intención de medirse cos mellores equipos do certame e loitar polos postos de honra.

Tras analizar as opcións no certame de Rallymix, o equipo decidiu apostar pola cita lucense como a mellor oportunidade para probar o vehículo sobre asfalto. Trátase dun escenario perfecto para acumular quilómetros nesta superficie e seguir gañando ritmo competitivo nunha das probas con máis tradición do territorio autonómico.

A pesar de ser unha carreira inédita para o equipo larachés, a ambición é máxima tras as boas sensacións amosadas ao longo do ano.

«Estar no San Froilán era a mellor opción para probar o coche sobre asfalto», explica Daniel Remuiñán. «É un rali novo para nós, pero motívanos medirnos nunha cita de tanto nivel. Saímos coa intención de adaptarnos axiña e loitar por estar nos postos de cabeza».

Rallye San Froilán

Venres, 16 de outubro de 2026

Horario Treito
18:30 h TC1 – Outeiro de Rei · 11,40 km
19:10 h TC2 – O Corgo · 10,00 km
21:00 h Cerimonia de saída

Sábado, 17 de outubro de 2026

Horario Treito
09:45 h TC3 – Outeiro de Rei · 11,40 km
10:30 h TC4 – O Corgo · 10,00 km
14:55 h – 18:40 h TC5 – 8: Baralla · 10,80 km
15:50 h – 19:35 h TC6 – 9: Sarria · 8,80 km
16:15 h – 20:00 h TC7 – 10: Samos · 11,40 km

Total de quilómetros cronometrados: 104,80 km.

Info e foto: Daniel Remuiñán

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas