A Primeira Futgal xa ten calendario para unha nova tempada que promete emoción

A Primeira Futgal xa ten definido o seu camiño para a tempada 2026/27. A competición botará a andar o vindeiro 6 de setembro cunha primeira xornada que non podía chegar con máis alicientes, especialmente para os representantes de Ferrolterra e A Costa, que xa coñecen os seus primeiros rivais nunha campaña que se presenta cargada […]
O Valdetires aposta firmemente pola experiencia e a xuventude

O conxunto ferrolán continúa perfilando o seu proxecto deportivo coa vista posta na vindeira tempada. O club da cidade naval mantén unha intensa actividade nos despachos mentres agarda polo inicio oficial do curso, previsto, en principio, para as xornadas do 19 e 20 de setembro, segundo anunciou a Real Federación Española de Fútbol. Unha fin […]
Moitos cambios no Parrulo para unha tempada ilusionante

O conxunto ferrolán está vivindo o renacer dun proxecto impulsado por unha nova xunta directiva, encabezada por Bruno García como presidente e co seu irmán David García á fronte da dirección xeral. Xuntos iniciaron un verán intenso, marcado por decisións valentes e unha clara aposta por devolver ao club ao lugar que merece. Á renovación […]
O Muxía, subcampión da XXXIV Copa Deputación tras caer ante un contundente Negreira

O Municipal de Gallamonde foi o escenario da 34ª edición da Copa Deputación da Coruña, unha competición que reuniu a catro equipos nunha intensa xornada de fútbol e que rematou coa proclamación do Negreira como novo campión tras superar con claridade ao Muxía por 4-0 na gran final. O conxunto muxián alcanzou o encontro decisivo […]
A UD Somozas xa coñece o seu camiño na Terceira Federación 2026-27

A conta atrás para o inicio da Terceira Federación 2026-27 xa está en marcha e a praia do Faro, na Illa de Arousa, converteuse nun escenario inmellorable para acoller o sorteo do calendario da nova tempada, nun acto celebrado á beira da ría que serviu de marco para dar o pistoletazo de saída ao novo […]
Comeza a conta atrás para a Preferente Futgal

Os cinco representantes das nosas zonas xa coñecen os seus rivais e estrearanse o 6 de setembro cun calendario que arrinca con encontros de máxima esixencia. A Preferente Futgal xa ten definido o seu mapa para a tempada 2026-2027 e os equipos da comarca xa coñecen o camiño que deberán percorrer na loita polos seus […]
Definida a composición da Primeira Futgal

A categoría contará con seis grupos de dezaoito equipos, con ascenso directo para os campións e playoff para segundos e terceiros. A conta atrás para o inicio da nova tempada da Primeira Futgal xa está en marcha despois de que quedase definida a composición da competición, que volverá estar estruturada en seis grupos de dezaoito […]
Lúcas Pérez, convidado de luxo na entrega de diplomas do Campus Xoán Ramos en Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Ibán Santalla, achegáronse esta mañá ás instalacións do estadio municipal de Río Seco para seguir de preto o campus de fútbol de verán que se está a desenvolver na cidade para nenos e nenas de entre 7 e 15 anos. Á súa visita sumouse […]
Nova xunta directiva para impulsar o futuro de O Parrulo Ferrol

O Parrulo Ferrol inicia unha nova etapa coa chegada de Bruno García á presidencia, dando continuidade a un proxecto deportivo con 48 anos de historia. O club presentou este luns a súa nova xunta directiva nun acto celebrado no Pavillón da Malata, no que participaron todos os seus integrantes, ademais do embaixador da entidade, Adri. […]
O II Torneo Internacional Solidario Costa da Morte, organizado polo Cances CF, reunirá os días 18 e 19 de xullo a 12 equipos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal

O Concello de Carballo acolleu a presentación oficial do II Torneo Internacional de Veteranos (+35) «Costa da Morte», unha cita deportiva de primeiro nivel pero que, por riba de todo, destaca polo seu profundo carácter solidario. O club de veteranos carballés Cances CF dá un paso adiante organizando esta importante cita, que foi presentada formalmente […]