A alcaldesa recibiu no Concello ao atleta Pablo Vázquez, campión de Europa sub-18 da modalidade 2000m obstáculos

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao atleta Pablo Vázquez Maiztegui, do club Atletismo Narón e que dende a pasada fin de semana é campión de Europa Sub-18 da especialidade 2000m obstáculos, obtendo o título na proba que se celebrou na localidade de Rieti (Italia). […]
Sete medallas para o Club Sysca no Campionato de España Estival de Praia

Un total de 15 deportistas carballeses desprazáronse ata Cantabria para participar na primeira edición desta competición. O Club Sysca pechou a primeira edición do Campionato de España Estival de Praia cun excelente balance, xa que os seus deportistas acadaron un total de sete medallas. A praia de Ris, en Noja (Cantabria), reuniu durante a pasada […]
Carmen Llaría, bronce nacional no Campionato de España de Novas Promesas de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría puxo o broche á tempada nacional de augas bravas coa participación no Campionato de España de Novas Promesas de Slalom, disputado esta fin de semana en Ponts (Lleida), sobre o río Segre. As elevadas temperaturas marcaron dúas intensas xornadas de competición nas que os deportistas tiveron que facer fronte a un […]
O alcalde da Laracha recibiu a Pedro Vázquez Ramil, flamante campión de España absoluto en frame running

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, recibiron oficialmente a Pedro Vázquez Ramil para felicitalo polo seu recente título de campión de España absoluto de atletismo para persoas con discapacidade na categoría T72 dos 100 metros de Frame Running, acadado no Campionato celebrado a finais do pasado […]
O Club Salvamento Acuático Laracha consolida un dos proxectos deportivos máis sólidos do salvamento galego tras conquistar dous Campionatos Galegos por clubes

O Club Salvamento Acuático Laracha pechou os Campionatos Galegos de Praia cun balance excepcional, consolidándose entre as grandes referencias do salvamento e socorrismo galego grazas aos magníficos resultados acadados tanto a nivel colectivo como individual celebrados este fin de semana, dende o venres 10 ata o domingo 12 de xullo na Praia de Riazor (Coruña). […]
O Club Sysca consolídase como un dos dous mellores equipos galegos de praia

Os deportistas infantís, cadetes, xuvenís, júnior e absolutos participaron durante a fin de semana nos seus respectivos campionatos autonómicos. O Club Sysca afrontou unha frenética fin de semana coa disputa dos campionatos galegos das distintas categorías. A praia do Orzán reuniu entre o venres e o domingo a preto de 60 representantes do conxunto carballés, […]
Daniel Pérez ofrece unha recepción oficial á delegación dos Xogos do Eixo Atlántico tras o seu éxito en Santiago

O salón de plenos do Concello de Carballo acolleu o luns á expedición de 60 deportistas infantís que representaron ao municipio nos Xogos do Eixo Atlántico, celebrados en Santiago de Compostela. O acto, cargado de recoñecemento, serviu para poñer en valor tanto os notables éxitos deportivos acadados como, sobre todo, os valores humanos amosados polos […]
A IX Carreira do Apóstolo reafirma a súa aposta pola inclusión e a accesibilidade

A novena edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, na Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a achegarse a Vilaño o sábado 18 de xullo para desfrutar desta gran festa do deporte. […]
Carballo participa nos Xogos do Eixo Atlántico cunha delegación de 60 mozos e mozas deportistas

O Concello de Carballo volve amosar o gran potencial da súa canteira deportiva coa participación nos Xogos do Eixo Atlántico, que nesta ocasión teñen a súa sede en Santiago de Compostela. Cun total de 60 atletas en idade infantil, a expedición carballesa viaxa co firme obxectivo de competir ao máximo nivel e, sobre todo, de compartir os […]
A IX Carreira do Apóstolo espera superar os 1.000 inscritos da pasada edición

A Carreira do Apóstolo celebrará o sábado 18 de xullo en Vilaño, A Laracha, a súa novena edición, mantendo a súa aposta por un evento de comunitario, solidario e aberto a todas as idades e condicións físicas. A Asociación Cultural Adro de Vilaño agarda superar este ano a cifra dos máis de 1.000 inscritos acadada […]