Álex Pérez: “Motivoume moito o proxecto do club”

Alejandro Pérez Boo (A Coruña, 2006), coñecido como Álex Pérez, gañou peso propio a base de goles e personalidade sobre a pista. Na súa primeira tempada no Lubiáns, caeu de pé tras chegar do Compañía de María, onde deixou mostras da súa enorme proxección competindo e sumando minutos en Liga Prata. O seu currículum xa […]
Xoel Calviño: “Dende o primeiro momento sentinme moi cómodo neste club”

Un dos gardiáns da meta carballesa é Xoel Calviño Regueiro (Ordes, 2005), que chegou ao Lubiáns procedente do Ordes para achegar os seus grandes reflexos, axilidade, técnica e o liderado dentro da pista para dirixir aos seus. Que obxectivos individuais e colectivos marcácheste? Obxectivos individuais non adoito plantexarmos, prefiro centrarme nos obxectivos do club e […]
Gorka Oliveira: “O ambiente do equipo é sempre bo”

Un dos magos do Escola Lubiáns é Gorka Oliveira Hevia (Oviedo, 2003), que esta tempada cumpre a súa terceira campaña consecutiva coa elástica do club carballés. É un xogador habilidoso, traballador e que se gañou o agarimo do club e da afección, contando ademais cunha boa traxectoria en equipos como o Oviedo Roller ou o […]
Hugo Naveira: “Estamos xogando un hóckey moi bo”

Un dos grandes talentos do Escola Lubiáns é Hugo Naveira Santos (A Coruña, 2003), que esta tempada cumpriu a súa terceira campaña no club tras comezar a súa traxectoria no seu colexio, Santa María, e dar o salto profesional ao Liceo. Como foron os teus inicios no mundo do hockey? Pois empecei con 5 anos […]
Fabián Suárez: “O Lubiáns chega a verse como unha familia”

Falar do Escola Lubiáns é falar do defensa e capitán Fabián Suárez (Carballo, 1978), un referente do deporte carballés e do mundo do hóckey. Que che parece o nivel dos rivais esta tempada? O nivel desta tempada parécese moito á de fai dúas, cando conseguimos o ascenso a OK Prata. Hai tres ou catro equipos […]
Chipi: “O mellor a curto prazo é consolidar a segunda posición”

O dianteiro do Escola Lubiáns, Diego Vieites “Chipi” (Noia, 1982), chegou ao conxunto carballés en 2013 e leva doce tempadas vestindo a indumentaria do conxunto carballés, consagrándose como un dos veteranos e lenda do club. Chipi formouse no Noia e posteriormente xogou en equipos como o Vigo Stick ou o Raxoi, destacando pola súa habilidade […]
Entrevista a Manuel Ruibal, a voz da experiencia

Manu Ruibal, un dos pesos pesados do vestiario e coordinador deportivo do club, fai un balance positivo do que vai de temporada. Como ves os primeiros meses de competición? “Na casa estamos a conseguir moitas vitorias, pero fora cústanos máis impoñer o noso xogo. Ademais, as lesións están sendo un factor importante, pero confiamos en […]
Festival goleador do Escola Lubiáns ante o HC Raxoi

O Escola Lubiáns non tivo piedade do HC Raxoi e endosou unha auténtica goleada por 12-3 con Danilo e Eudald Cañete como principais protagonistas da quinta xornada da OK Liga Bronce disputada no Pavillón Carballo Calero tras anotar cinco e catro goles respectivamente, e completar o aluvión de goles Manu Ruibal cun tanto e Chipi […]
Carlos Loureiro: “O obxectivo ten que ser, sen ningún tipo de dúbida, o ascenso”

Entrevistamos a Carlos Loureiro, o novo adestrador do Escola Lubiáns, que comparte a súa visión para esta tempada na que arrincaron con vitoria en casa por 5-3 ante o AC Ordes cos tantos de Danilo, Marcos Martínez e hat-trick de Eudald Cañete, e empate a domicilio por 3-3 co CH Compostela con goles de Naveira […]
Tomás de Llano: “Estamos moi contentos e orgullosos do compromiso e traballo de todos os xogadores”

O adestrador do Escola Calvo Lubiáns, Tomás de Llano, repasou a actualidade. “Valorando todo o que foi a primeira volta, sabiamos de antemán que para un recén ascendido a adaptación a nova categoría non sería nada fácil. O nivel de adestramento e o nivel dos mesmos está sendo altísimo, estamos moi contentos e orgullosos do […]