A Liga Comarcal de Judo Ferrolterra 2023 celebrarase o sábado 10 de xuño

Este sábado disputarase no pavillón do Colexio Madres Mercedarias de Ferrol a Liga Comarcal de Judo de Ferrolterra en categoría sub-11, sub-9, minis e biberóns.

Este evento, organizado polo club AD Judo Ferrolterra e AM Fene, e patrocinado polo Concello de Ferrol, reunirá ao redor de 250 judocas de toda a comarca e como equipo convidado o Liceo A Paz da Coruña.

A competición dará inicio ás 11:00 da mañá, aínda que previamente ás 9:30 disputarase a clasificación intercentros dos clubs organizadores en categoría cadete, infantil e alevín.

Pola tarde, o club realizará exames de pase de grao de judo e de defensa persoal.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),