AD JUDO FERROLTERRA: June Moreno quedou sétima na Copa de Europa Junior e Pitu foi bronce na Copa de España de veteranos

June Moreno acadou a sétima posición na Copa de Europa Junior celebrada en Málaga e Pitu foi bronce na Copa de España de veteranos en Cataluña.

A pasada fin de semana disputouse en Málaga a Copa de Europa Junior onde participou June Moreno na categoría de -78 kg. June partía como cabeza de serie número 5 e empezou o campionato en cuartos de final contra Laura Volo, actual campioa de España da categoría. Nun combate moi disputado, June acababa perdendo e repescando contra a judoca kazaka Nagachevskaya, coa que se disputaba o pase ao combate pola medalla de Bronce. June perde este combate e finalmente queda sétima nesta Copa de Europa onde estivo acompañada polo seu adestrador, Alberto Castro.
 
En canto a Alberto López, «Pitu», acadou o bronce na Copa de España de veteranos en Cataluña. A Copa desenvolveuse no Polideportivo Municipal de Palamós o sábado pola tarde, onde asistiron competidores de España, Alemania e Francia. Como representante do club, Alberto López Polo “Pitu”, encadrou con 7 competidores máis na categoría de M4 100 kg . En cuartos de final, contra un dos representante de Canarias, Pitu gaña de Ippon de koshi guruma de esquerda. Xa en semifinais enfróntase a David Morais, ao cabo vencedor da categoría, co que perde de Ippon de uchi mata. Acada o bronce contra Moisés, outro judoca canario, ao que gaña por Ippon de seoi-nage pola esquerda. Neste combate Pitu sofre unha pequena lesión no ombreiro que lle fai retirarse da competición cando se desenvolvía a categoría Open, onde participaba con Judocas das categorías M3, M4 e M5 de -73kg , -90kg, -100kg e +100kg e levaba disputado un combate.

O domingo desenvolveuse en Palamós un adestramento para mozos judocas onde participou Hugo López de categoría alevín.

Fotos: AD Judo Ferrolterra



Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas