Ángel Villar: O muro eumés

O gardameta do Eume Deportivo, Ángel Villar, foi un dos principais protagonistas do ascenso.

Ao longo da tempada, Ángel, respaldado sempre pola solidez defensiva do equipo, mostrouse moi seguro defendendo a portería do conxunto eumés con paradas das que che dan puntos, pero é na fase de ascenso onde a súa figura reluciu aínda máis ao encaixar tan só un tanto nas semifinais contra o Negreira. Nin o Atlético Escairón, en cuartos, nin o Lalín a dobre partido, puideron anotar un gol durante os noventa minutos e a prórroga. Ángel mesmo chegou a deter dous penaltis na quenda ante o Negreira e con varias paradas nos que exhibía o seu estilo e reflexos, sendo probablemente ante o Lalín, na prórroga, a máis importante ao sacar unha man no último momento cunha gran estirada.

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde