BASKET XIRIA: 1º Clinic Concello de Carballo

O Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria veñen de anunciar a celebración do “1º CLINIC CONCELLO de CARBALLO” que vaise celebrar no Pavillón Vila de Noia de Carballo, o vindeiro dia 18 de Xuño, e que tamén conta coa colaboración do a Federación Galega de Baloncesto.

Dentro do marco da Escola de Adestradores iniciada pola Escola Basket Xiria, que este ano dirixiu Fernando Buendía e coordinado por Arturo Ferraces, co apoio do Concello de Carballo, o Club pon en marcha unha xornada de formación para adestradores e amantes do mundo do baloncesto que acercará a Liga Endesa a nosa localidade.

O vindeiro 18 de Xuño, poderemos gozar en Carballo, da sabeduría de tres adestradores con ampla experiencia na ACB.

A xornada constará de tres charlas, a cargo de Oscar Lata (Axudante en UCAM MURCIA da Liga ACB, ex adestrador de Basket Xiria), Victor Perez (Axudante en MONBUS OBRADOIRO da liga ACB) e Jota Cuspinera, adestrador ACB de longa experiencia.

O Clinic está pensado na formación do xogador, para que sirva coma referencia para os adestradores de base, e podan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos.

Unha charla pola mañá e duas na sesión de tarde, completan un gran cartel para este clinic, que convalida 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que nace coa idea de converterse nun clásico de estas datas na comarca de Bergantiños e que ten xa aberto o prazo de inscrición dende o pasado mércores 25 de Maio.

José Ramón «Jota» Cuspinera Diéguez (Getxo – 1970). Adestrador de clubs como Estudiantes, Baskonia, Fuenlabrada ou Real Madrid … falará do: «Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador».

Víctor Tomás Pérez Bermúdez, (Santiago – 1973). Adestrador axudante do Obradorio, e un dos artífices do gran traballo individual dos xogadores que pasaron polo club como ponte a Euroliga ou NBA … falará do: «Traballo especifico das mans para a mellora dos xogadores».

Óscar Lata Alonso (A Coruña – 1974). Ex adestrador de Basket Xiria, conta cunha ampla experiencia como adestrador axudante en ACB ou Euroliga, actualmente no UCAM Murcia, falará do: «Xogo de cara, búsqueda de solucións individuais».

HORARIOS:

12:00 Víctor Pérez. «Traballo de mans para a mellora individual»
16:30 Jota Cuspinera «Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador»
18:30 Óscar Lata «Xogo de Cara: búsqueda de solucións individuais»

INSCRICION: https://bit.ly/ClinicCARBALLO2022
Validaranse 12 horas de formación complementaria para adestradores pola Federación Galega Baloncesto.

+INFO: club@escolabasketxiria.com
607 847 925 … Teléfono | 607 847 824 … Whatsapp

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas