O Basket Xiria, baixo a dirección de Héctor Méndez, conseguiu manter a categoría da liga EBA, despois de que no pasado exercicio lograse o inesperado ascenso.
A competición foi de moito nivel, e nela os carballeses callaron unha regular campaña. O equipo tivo uns mellores resultados na primeira volta, na que o Xiria conseguiu 7 vitorias e sufriu 6 derrotas, polo que ocupou o posto noveno. Na segunda volta, os carballeses venceron en 4 ocasións e caeron en 9, polo que, finalmente, ocuparon o praza oitava da xeral. Os catro últimos, Covadonga, A Estrada, La Flecha e Santo Domingo de Betanzos perderon a categoría.
O Basket Xiria conseguiu de forma matemática asegurar a permanencia a falta de dúas xornadas, coa súa vitoria en Valladolid fronte ao CB La Flecha (45-84), e ao perder nese mesma xornada o Santo Domingo de Betanzos na cancha do Gijón Basket (72-69).