BERGANTIÑOS FC: Volve coller o ritmo

O Bergan esqueceu unha mala serie de derrotas consecutivas a base de impoñerse aos fanfurriñeiros da liga, o Pontevedra e Compostela.

O Bergantiños volve coller o ritmo á Segunda RFEF despois de encadear dous triunfos fronte a dous dos fanfurriñeiros da categoría, como son o Pontevedra CF (0-1) e SD Compostela (3-2). Xa que os xogadores de José Luis Lemos chegaban a eses encontros cunha mala serie, ao perder fronte ao UP Langreo (0-1) e co UC Ceares (1-0), o que levou ao equipo da quinta á décima posición na clasificación. Agora, e con eses bos marcadores, os carballeses instaláronse na sexta praza. Unha das novidades da formación das Eiroas foron os debut do centrocampista Hugo Díaz, que tivo lugar no campo do UC Ceares de Xixón, e do dianteiro Christian Martínez, que o fixo fronte ao Pontevedra CF. Así, Hugo interveu nos tres partidos desde a súa chegada a Carballo (salvo a primeira convocatoria, despois foi titular), e Christian nas dúas oportunidades que tivo, aínda que unha como titular, en Pasarón, e outra como suplente, nas Eiroas. De ambos futbolistas espérase moito por parte da afección, xa que o equipo está chamado a estar instalado na zona nobre da clasificación, por méritos que demostrou sobradamente na primeira parte do curso e que agora parece volver estar nesa liña.

De todos os xeitos, os carballeses deberán exhibir ese bo momento na próxima xornada na que se visitará o recinto do CD Móstoles, conxunto que está na sexta praza, cos mesmos puntos que o Bergantiños FC, é dicir, 31 nas súas marcadoras. O conxunto das Eiroas xa sabe o que é gañar ao CD Móstoles, xa que na primeira parte impúxose por 2-1 (tantos de Agulló e Álex Boedo).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),