Campións da billarda 2022/23

A fase final da Liga Atlántica chegou ao seu fin a pasada fin de semana en Bueu.

O palanador do Corredoiras, Benito Resille Piñeiro «Beni», proclamouse campión, mentres que o segundo posto foi para Roi (APB A Laracha) e o terceiro para Abel Ponte (Campo da Feira de Paiosaco).

Na categoría femenina gañou a Antía (Gharaboto de Marín). En segundo lugar finalizou Bego (Corredorias) e no terceiro Lu (Lúa de Forza de Sanxenxo).

Mentres tanto, na infantil venceu Óscar García (Cochiqueiros de Cerceda), por diante de Xián (Lúa de Forza) e de Hugo (Gharaboto).

Na clasificación por equipos, o Corredoiras se impondría tanto na masculina como na feminina. Seguido do Lúa de Forza (segundo en masculino e terceira en feminina). O terceiro posto en masculino sería para o Campo da Feira e o segundo en mulleres para o Valpaços Terra Quente de Vigo.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),