O pavillón da Mocidade acollerá este sábado o Campionato Concello de Narón de Powerlifting

O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá este sábado día 18 o Campionato Concello de Narón de Powelifting na modalidade AEP3 (iniciación). O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou a convocatoria xunto co presidente do club Powerfenix, José Aurelio Morado, e con Jesús Prieto e Zoraida Bermúdez, integrantes do club e destacados profesionais a nivel […]
Resumo de decembro dos trofeos de Bisbarra en xogo 2024/25

Actualización do mes de decembro. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO, A COSTA, MUROS E XALLAS III Trofeo máximo goleador Veteranos División de Honra – A Costa Patrocinador: IDM Pereira Iván Rojo (Atlético Carballo): 21 goles Braulio Vecino (Sporting Zas): 15 goles Mario Rodríguez (ACD San Ramón): 14 goles III Trofeo máximo goleador Veteranos 1ª Galicia – A […]
Ata 342 nadadores e nadadoras de 36 equipos lembrarán esta fin de semana a Pedro Luis Fernández Pombo

Representantes da AD Fogar, da Federación Galega de Natación e do Concello de Carballo presentaron o II Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, que se disputará esta fin de semana na piscina municipal Carballo Calero. Como dixo o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, “un pobo ten que lembrarse sempre das persoas que contribúen a crear sentimento […]
Carballo acolle este venres a gala dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizada por Agaxede

A Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede) celebra este venres 13 en Carballo a gala de entrega dos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva. O acto comezará ás 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, pero xa desde as 17.30 horas celebrarase nese mesmo edificio o II Encontro de xestión deportiva de Galicia, que […]
A xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwondo ITFU reunirá en Carballo a 250 deportistas

Carballo acolle esta fin de semana a xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwondo ITFU, que reunirá no concello carballés a 250 deportistas de todo o territorio galego. O club Chong, que exerce como anfitrión, contará con 57 representantes nas diferentes categorías, con idades que abranguen desde os seis ata os 29 anos. Álex […]
XXXV Gala do Deporte de Narón: o padelista Iago Fuertes recibiu o premio ao Mellor Deportista

O Pazo da Cultura foi o epicentro da trixésimo quinta edición da Gala do Deporte de Narón 2024, recibindo a unhas setecentas persoas na noite do pasado venres nun evento que tivo actuacións de baile por parte de Paso a Paso, Un Paso Adelante e Narón Kids, e a exhibición de baloncesto en cadeira de […]
Resumo de novembro dos trofeos de Bisbarra en xogo 2024/25

Actualización do mes de novembro. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO, A COSTA, MUROS E XALLAS III Trofeo máximo goleador Veteranos División de Honra – A Costa Patrocinador: IDM Pereira Iván Rojo (Atlético Carballo): 15 goles Braulio Vecino (Sporting Zas): 11 goles José Bello (ACD San Román): 9 goles Miguel Ángel Torres (CF Cances): 9 goles III Trofeo […]
Volve o torneo solidario de pádel Concello de Carballo para axudar a nenos oncolóxicos e as súas familias

O torneo solidario de pádel Concello de Carballo, organizado por Miclub Pádel a beneficio de Asanog, cumpre dez anos. Ao longo deste tempo foi indo a máis en todos os sentidos, tanto en canto á participación coma en categorías ou en colaboración, e este ano agardamos volver a contar coa mesma solidariedade de sempre. Este […]
A Escola Oficial de Idiomas de Carballo fomenta a vida activa entre o alumnado a través do proxecto “Deporte é saúde”

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo dá un paso máis cara a formación integral do alumnado a través do proxecto Deporte é saúde, unha iniciativa que conta co apoio da Consellería de Educación a través do Plan Proxecta e coa que se pretende, fundamentalmente, fomentar hábitos de vida saudables, a vida activa e a […]
Máis dun centenar de arqueiros participarán este sábado no XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acollerá este sábado, día 23, a décimo novena edición do Trofeo Cidade de Narón de Tiro con Arco. Un evento que presentou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, xunto con Magdalena Bello e Anxo Grandal, presidenta e vicepresidente, respectivamente, do Club Arco Narón. O torneo, incluído no calendario da […]