Charly: “Temos un moi bo equipo”

Carlos López Vilasánchez, “Charly” (Ares, 1996), chegou ao Somozas como un dianteiro con experiencia e eficacia na área.

Formouse na base do Dépor e Racing, xogando co primeiro equipo ferrolán, e estivo no Galicia de Mugardos, Cerceda, As Pontes, Bergantiños, Zamora, Pontevedra e Compos.

Que foi o que máis te chamou a atención para fichar polo Somozas?
Moitos factores fixeron que tivese claro que quería vir ao Somozas. Entre eles, o proxecto que hai, o adestrador, ao que xa coñecía desde había moito tempo, aínda que nunca me adestrara, e as boas referencias sobre o club que me deu toda a xente que xogara alí. Todos eses factores fixeron que tivese claro que quería vir ao Somozas.

Que pode conseguir o Somozas este ano?
Creo que temos un moi bo equipo e que podemos estar na parte alta da clasificación. Non temos ningún obxectivo concreto, pero queremos estar o máis arriba posible. Os primeiros partidos custáronnos, tamén porque somos moitos xogadores novos e sempre custa adaptarse, pero nestas últimas xornadas estamos mellorando moito, non só nos resultados, senón tamén no xogo, que é o máis importante. Oxalá poidamos seguir medrando e que iso tamén se vexa reflectido nos resultados.

Como está a ser a túa adaptación ao estilo de xogo de Stili?
A verdade é que mellor imposible. O día a día é espectacular, o grupo é boísimo e iso sempre fai que a adaptación sexa moi doada. O estilo de xogo tamén é o que todos queremos, así que estamos encantados con el. Faltábanos levalo á práctica da maneira que queriamos e nas primeiras xornadas non fomos capaces, pero nestes últimos partidos creo que se viu unha melloría, e esa é a liña que queremos seguir.

Fotos: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Charly: “Temos un moi bo equipo”

Carlos López Vilasánchez, “Charly” (Ares, 1996), chegou ao Somozas como un dianteiro con experiencia e eficacia na área. Formouse na base do Dépor e Racing,