Cinco ouros no I Torneo de Judo Internacional de Santa Tegra

A Ad Judo Ferrolterra desprazouse ata terras da Garda para disputar o I Torneo Internacional de Santa Tegra, conseguindo uns excelentes resultados.

En categoría infantil Hugo López e Lucía Soto quedaron campións en -42kg e -48 kg respectivamente, mentres que os seus compañeiros de club, Xoel Siso e Maro López, foron medalla de bronce e Marcelo Eibe foi quinto.

En alevíns, Alba Bolo, Xeila Herrera e Iago Miño fixéronse coa vitoria nas categorías de -48 kg, -44 kg e -34 kg. Alejandra Álvarez en +63 kg conseguiu a prata e tamén se alzaron co bronce Ángel Correas (-38 kg) e Xabi Mauriz (+60 kg).

En categoría benxamín, Alberto Troncoso quedou ao bordo das medallas, cun meritorio 5º posto.

Info e foto: Ad Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas