Ismael Ramos: “Traballamos moito de cara á portería”

O futbolista atacante do Sofán “B”, Ismael Ramos Casal (A Laracha, 2003), chegou nesta presente tempada procedente do Atlético Cercedense e moi pronto se converteu nun dos referentes do conxunto carballés, sendo o máximo goleador do equipo e liderando a táboa de pichichis con 28 tantos, un máis co artilleiro do Sporting Zas, Raúl Corzón, sendo esta a súa mellor campaña goleadora tras superar a de fai dous campañas, con 21 tantos en total, e a do ano pasado, con 11 dianas.

Ismael Ramos é un auténtico depredador da área, moi atento ao desmarque, rápido, cun bo disparo e moi intelixente para atopar os puntos débiles dos gardametas, sendo un pesadelo para todos os porteiros aos que enfronta, destacando que un dos máis difíciles de bater para el foi “co que compartín vestiario cando era xuvenil, xa que me tocou xogar contra el na tempada pasada”.

Os futbolistas e todos os amantes do fútbol ou de calquera deporte sempre teñen un xogador no que fixarse e ter como espello, e no caso do larachés, ten como referente a un dos mellores dianteiros do mundo, sendo o goleador polaco do Barça, “Robert Lewandowski, por todo o traballo que fai a pesar da súa idade”.

A boa tempada do filial do Sofán na Terceira Futgal non é casualidade, pois os números non enganan, sendo o equipo que máis tantos a favor leva en en o grupo da Costa con 102 goles, opinando Isma que “traballamos moito de cara á portería e cos compañeiros que teño fan máis fácil que podamos levar estas cifras a estas alturas de tempada”.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras