Kevin Stiven: a experiencia e o talento

O talentoso xogador da AD Miño, Kevin Stiven (Cali, 1996), participou en dezaoito encontros de tempada sumando quince titularidades e saíndo en tres ocasións desde o banco na Preferente.

Esta campaña suma catro tantos en liga e un na Copa, que xunto ao seu talento para o desborde, o seu espírito combativo e velocidade convertéronlle nun dos homes de confianza de Pery.

Kevin Stiven é un xogador cunha traxectoria asombrosa, comezando os seus inicios no fútbol sala na Escola O Parrulo, para logo xogar co Sartaña e Galicia de Caranza. Posteriormente militou na base do Atlético de Madrid, sendo parte do equipo xuvenil co que disputou a UEFA Youth League e compartiu adestramentos co primeiro equipo, sendo mesmo convocado para o encontro de Champions ante o Malmö. Tamén foi internacional coa sub-17 colombiana e seleccionado co combinado madrileño sub-16 e sub-18. Finalmente regresaría a terras galegas onde xogaría en equipos como o Galicia de Mugardos, Órdenes, Somozas, Betanzos e CD Narón, ata fichar o pasado verán polo AD Miño.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas