LGF PRIMEIRA: Esta tempada haberá tres representantes de Ferrolterra

Na LGF Primeira División estarána SD O Val e os recentemente ascendidos EFB Amistade e SDCR Narón O Freixo.

Os tres clubs de Ferrolterra estarán acompañados polo Atlético Arousana, Bergantiños FC, CD Lugo, CF Noia, Orzán SD, Sárdoma CF “B”, SD Antas, SD Tordoia, SD Villestro, Sporting Cambre, Tomiño FC, Victoria CF “B” e Victoria FC “B”.

O Val, que esta tempada estará dirixido polo adestrador Andrés Otero “Nesy”, incorporou varias fichaxes, como Luna Botana, Clara Pérez e Alba Pérez, e do filial como Mª Eugenia Díaz, Alba Freire, Elisa Fraga, Antía Fernández e Claudia Cumbrao, completando o persoal Noelia Castro, Estefanía Fernández, Noemi García, Ainize González, Jennifer Legide, Alba Cruz, Judith Lago, Alba Platas, Natalia Prieto e Lucía Rodríguez.

O EFB Amistade que dirixen Marcos Casal e Fran Gordillo incorporaron a Xeila e deron continuidade ao persoal que logrou o ascenso, estando formada por Casqui, Natalia Veiga, Andrea Novo, Evita, Lucía Hermida, Albita, Carmen, Andrea Bellón, Uxía, Lucía López, Vane, Carla, Sabe López, Ali Rey, Marta García, Tami Piñón e Lidia Díaz.

Por parte do Narón O Freixo de Marco Aurelio, contará nas súas filas coas incorporacións de Ari, Miriam, Hortensia, Sami, Nuria Seijo e Zaira Ardao, completando o persoal con Lara, Lucía Bellón, Olivia, Andrea, Alessandra, Sara Crespo, María Díaz, Elisabeth Boateng, Celia, Sabela Romero e Patricia.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).