O pasado domingo, 7 de decembro, disputouse no Pavillón Vila de Noia (Carballo) a segunda xornada da Liga Galicia Rías Altas, na que participaron máis de 500 judocas das categorías desde benxamín ata senior.
O club AD Judo Ferrolterra acudiu representado por case 50 judocas, que se alzaron con 23 medallas entre as distintas categorías.
En categoría benxamín, obtivéronse dous ouros para Nicol Carro e Sofía Díaz, dúas pratas para Vitoria Díaz e Mateo Vila e catro bronces para Marcos Pérez, Enzo Pérez, Iago Rubianes e Inés Pérez. En categoría alevín, alcanzaron tres medallas, sendo ouro para Alberto Troncoso, prata para José Luis García e bronce para José Cancio. En infantil acadaron catro Ouros por parte de Xabi Allegue, Iago Miño, Alba Bolo e Xeila Herrera, máis unha medalla de prata para Ión Freire e un bronce para Julio Freire. En categoría cadete, gañaron seis medallas, acadando o ouro Lolo Picos, unha prata para Amelia Tenreiro e catro bronces que recaeron en Iría Martínez, Lucía Soto, Xoel Siso e Marcelo Eibe. Finalmente, en senior, onde se compite por equipos, a Ad Judo Ferrolterra enfrontouse ao Ximnasio Fibra da Coruña e Compostela Judo Club, perdendo ambos os encontros.
Participaron como adestradores do club Alberto Castro, Alberto López Polo “Pitu”, Armando Castro, Álex Castro, Álex Cid, Bruno Carrodeguas e Pablo López.
A próxima xornada terá lugar o 24 de Xaneiro en Arteixo.
Info e foto: Judo Ferrolterra









