Acompañárono no podium o Club Tea de Mondariz Balneario o CDM Teixugos de Goian.
O Campo de Slalom de O Couquiño acollía este fin de semán a Copa Galega de Promocion de Slalom, reservada a deportistas das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil. 60 participantes pertencentes a clubes das catro provincias galegas acudiron á cita cun Río Xallas que, ca colaboración da empresa Xeal, lucía un caudal ideal para a disputa da proba, e cun excelente ambente grazas ó numerosísimo público da zona, pero tamén chegado de toda Galicia para acompañar os seus xoves deportistas.
Aínda que pola mañán, dedicada a entrenos se, estes se desenrolaron baixo algúns chaparrons de chuvia, o clima soleado que acompañou os participantes pola tarde o que fixo que a xornada disputada no rio Xallas lucíra aínda máis. Dos seis deportistas participantes do CDM Piragüismo Dumbría, tres foron quenes de subir ó podium, Carmen Llaria, segunda e Vega Cives terceira en K1 benxamín. Pola súa banda, Clara Mancebo logrou un excelente terceiro posto no K1 Alevín.
En canto ó resto da representación costeira, a vimiancesa Iera Lema Gerpe rozou o podium tanto no C1 coma no K1 infantil, igual que o corcubiones Yerai Guene, e Iván Llaria a pesar de facer a súa mellor competicion do ano, so puido ser septimo.
O Alcalde de Dumbría, Raúl Gozález, e mais o Teniente de Alcalde, Faustino Suárez, presidiron a entrega de medallas é trofeos ós participantes.
A vindeira cita dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría será o vindero fin de semana en Mondariz, para a celebración do Campionato Galego de Promoción de Slalom, onde competirán novamente os deportistas máis xoves do clube.
Info e foto: CDM Piragüismo Dumbría