O Concello de Narón recibiu ao kayakista naronés Martín López, campión do mundo junior e sub-23 da modalidade sprint de piragüismo

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu onte no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao kayakista naronés Martín López González, do club Náutico Firrete (Pontedeume) e que dende hai unhas semanas é campión do mundo junior e sub 23 da modalidade sprint, obtendo o título na proba individual de 5.000 metros. O evento desenvolveuse na localidade de Auronzo (Italia).

Ferreiro e Santalla conversaron con Martín López, que estivo acompañado polos seus pais e que lles contou a súa experiencia durante o citado evento deportivo, onde saíu entre os últimos e logrou remontar ata o primeiro posto. López iniciouse no mundo do deporte xogando ao fútbol, e tamén practicando natación, atletismo e tríatlon, se ben finalmente se decantou polo piragüismo, iniciándose neste deporte nos cursos de verán do Club de Piragüismo Narón. A día de hoxe está á cabeza do ranking nacional desta modalidade deportiva e conta con numerosos premios no seu palmarés, que lle deron o recoñecemento de federacións de diferentes países do mundo.

A alcaldesa felicitou naronés polos éxitos acadados na tempada e pola súa traxectoria deportiva, con excelentes resultados nas diferentes competicións nas que participou. “É un orgullo que un naronés obteña un título de campión do mundo nesta modalidade deportiva”, recalcou a rexedora local, incidindo en que “o feito de que esta cidade sexa un referente a día de hoxe no mundo do deporte é tamén grazas a deportistas coma ti, que vos esforzades día a día por mellorar nas diferentes disciplinas que practicades e que colleitades os éxitos dun intenso traballo, esforzo e dedicación”.

Foto: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia