O Parrulo Ferrol continúa coa súa planificación na nova tempada 2022-2023 e hoxe é un día de agradecemento aos xogadores e técnicos que non continuarán no equipo.
O adestrador, Óscar Vigo e o segundo adestrador, Suso Rey despídense do Parrulo Ferrol tras conseguir o obxectivo da permanencia nesta última tempada. Dous adestradores que o deron todo no banco, con moito traballo e moito esforzo, polo que lles estamos moi agradecidos. No caso de Óscar Vigo nesta última tempada, nesta etapa adestrando ao primeiro equipo e no caso de Suso Rey no últimas catro tempadas.
Sobre a pista temos que agradecer o traballo realizado polos porteiros Gozi e Barranquero, como tamén aos xogadores Santi, Terán, Yago Tenreiro e Borja. Gozi, Barranquero, Santi e Terán chegaban ao club nesta última tempada, adaptándose á perfección desde o primeiro día, loitando sobre a pista en todos os partidos, con grandes paradas, asistencias ou goles, que foron importantes para conseguir o obxectivo.
No caso de Borja estivo no club no últimas tres tempadas entre o primeiro equipo e o filial, crecendo sobre a pista en cada partido e de Yago Tenreiro só temos palabras de agradecemento ao ser un xogador formado na Escola de Fútbol sala do Parrulo Ferrol, pasando por todas as categorías, podendo debutar e xogar co primeiro equipo.
A todos eles dámoslles as grazas polo seu traballo, esforzo, compromiso e profesionalidade en todo este tempo que formaron parte do Parrulo Ferrol, ademais de desexarlles a mellor das sortes nos seus futuros proxectos.
Info e foto: O Parrulo Ferrol