O PARRULO FERROL: Vitoria cómoda antes da promoción de ascenso

Os ferroláns vencen na última xornada ao CD Leganés por 4-0 para despedir a liga regular no terceiro posto e xa esperan ao Family Cash Alzira para o primeiro encontro da fase de ascenso.

Os de Marrube formaron con Coro, Hélder, Adri, Novoa e Wilson Francia, mentres que os de Ruben Barrios saíron con Iker, Borja Blanco, Ibarra, Pichi e Álex Velasco.

O conxunto ferrolán dominaba nos primeiros minutos con varias chegadas perigosas de Wilson Francia. Nunha boa chegada, O Parrulo roza o primeiro da tarde tras unha xogada ao primeiro toque entre Adri, Wilson Francia e Novoa, pero Iker lograba salvar o tanto galego. Pero na seguinte xogada, Wilson Francia non perdoa e logra o primeiro gol local tras rematar de cabeza un centro de Adri.

O Parrulo dominaba no resultado e no xogo, presionando alto e non deixando ao Leganés circular con claridade o balón. Os ferroláns gozaban dunha nova oportunidade tras un disparo de Adri desde o centro do campo, pero Iker rexeitaba a saque de esquina cunha boa parada.

O Leganés tivo a primeira do encontro a falta de 7 minutos, cando nun saque de esquina remataba Dani Santos de primeira e Coro rexeitaba cunha gran parada. Tras esta oportunidade, O Parrulo respondería co segundo tanto por obra de Novoa, levando o balón entre varios rivais e superando a Iker cun forte disparo.

Os de Marrube tiveron o terceiro cando Rubén Orzáez combinou con Kevin Chis, que deixaba de tacón para Orzáez e Iker rexeitaba no man a man. O Leganés tamén gozaría dunha clara cun remate de Manu García ao pau defendido por Coro.

Co 2-0 o partido marchaba ao descanso cunha primeira parte na que O Parrulo foi moi superior ao CD Leganés nos vinte minutos disputados.

A segunda metade comezou como a primeira, cos ferroláns dominando e presionando con moita intensidade. Nun saque de esquina chegaría o terceiro tanto local tras un saque de esquina lanzado por Adri e que Rubén Orzáez remataba para superar a Iker. Na seguinte xogada O Parrulo facía o cuarto, de novo con Adri como asistente, pero esta vez era Noel o que remataba.

O Leganés buscaba recortar distancias, pero O Parrulo mostrábase moi sólido en defensa e concedía poucas oportunidades con disparos desde lonxe. Nunha boa contra entre Charly e Rubén Orzáez os locais roldaban o quinto, pero o pase final de Wilson Francia o rexeitaba a defensa e pasaba rozando o pau. Minutos despois, Noel tería dúas oportunidades máis para ampliar a vantaxe, pero Luque lograba deter os dous disparos.

Co 4-0 o partido chegaría ao final e O Parrulo lograría os tres puntos na última xornada da liga regular, consolidando o terceiro posto co que aseguran xogar en casa o primeiro encontro da fase de ascenso ante o Family Cash Alzira o próximo fin de semana.

RESULTADO: O Parrulo Ferrol 4-0 CD Leganés

O PARRULO: Coro, Hélder, Adri, Novoa e Wilson Francia; tamén xogaron Rubén Orzáez, Iván Rumbo, Kevin Chis, Charly, Noel e Keita.

CD LEGANÉS: Iker, Borja Blanco, Ibarra, Pichi e Álex Velasco; tamén xogaron Manu García, Juanma, Dela, Álex Fuentes, Dani Santos, Raúl e Luque.

GOLES: 1-0 Wilson Francia (4′), 2-0 Novoa (14′), 3-0 Rubén Orzáez (23′) e 4-0 Noel (24′).

ÁRBITROS: Rubén Miguel e Eduardo Otamendi. Amoestaron aos visitantes Manu García e Ibarra.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 30ª xornada da Segunda División no Pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas