Patri Romaní: “Este ano era necesario un punto de inflexión”

A xogadora do Fisober da Preferente Futgal FS, Patricia Romaní Vilela (Muxía, 1991), tamén forma parte do Muxía da Terceira Galega. Comezou xogando ao fútbol sala nas escolas deportivas do Muxía e despois no Amarelle.

Como te ves a nivel individual e colectivo?
Despois de competir os últimos dous anos polo título de liga ata o final, estando a nada de conseguilo a tempada pasada, este ano era necesario un punto de inflexión, unha tempada máis tranquila a nivel físico e mental, xa que acabamos a liga pasada co persoal moi mermado polas lesións e este ano non estamos moito mellor nese sentido, así que desde o principio tiñamos claro que non ía ser unha tempada de pelexar polo primeiro posto como as dúas anteriores. Que sexa un ano menos esixente é algo que se nota tanto no colectivo como no individual, vimos dun desgaste moi grande e creo que nos está pasando factura esta tempada, e vese reflectido nos resultados que estamos a ter, pois xa perdemos máis partidos este ano que nos dous cursos anteriores.

Cambiou moito o nivel da liga con respecto ao ano pasado?
Considero que si, hai persoais que se reforzaron moi ben e ademais os equipos recentemente ascendidos son mellores que os ascendidos da tempada pasada.

Que rival che puxo as cousas máis difícil?
O Estrela de Cortegada, é un equipo feito a base de fichaxes de xogadoras que estiveron en Primeira e Segunda División a maioría delas. Fixémoslle fronte na primeira parte, pero na segunda pasáronnos por encima. Para min, é o mellor persoal da categoría.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas