PROGRAMA DEPORTIVO DE DUMBRÍA: Máis de 4000 deportistas competirán ao longo deste ano

Onte presentábase nas instalacións deportivas do Conco, en Dumbría, a programación dos eventos deportivos que se celebrarán ao longo de 2023 neste Concello. Estos eventos deportivos de carácter autonómico, nacional e internacional que traerán a Dumbría e á comarca máis dun millón de euros.

O equipo de goberno, na liña de anos anteriores, presenta unha ampla axenda de competicións de ámbito autonómico e nacional nun amplo abano de disciplinas deportivas.

En Dumbría apostamos por facer do deporte, ademáis dunha ferramenta de promoción do benestar persoal que redunde nunha mellora da saúde da poboación, tamén un medio de interacción entre a veciñanza local e facilitador experiencias de convivencia con xenta chegada de moitos lugares.

Aproveitando os nosos recursos naturais únicos, como son os ríos, o mar, a Praia do Ézaro e os nosos montes, traemos ata aquí unha gran variedade de disciplinas deportivas que contribúen a poner en valor o noso territorio.

Organizamos EVENTOS DEPORTIVOS en maiúsculas, que converten Dumbría nunha aposta segura das distintas federación deportivas para a celebración de competicións de carácter autonómico e tamén nacional.

A organización de eventos desta envergadura non é nada novo en Dumbría. Levamos anos sendo a sede de importantes competicións tales coma a Copa Príncipe de Voleibol, que trouxo ata aquí a equipos da primeira liga nacional para enfrontarse ao equipo local: Campionatos de España e Galegos en varias disciplinas, ou mesmo tivemos ocasión de recibir tres veces a La Vuelta ciclista e unha ao Gran Camiño, que é a volta ciclista galega.

Este ano acudirán aos grandes eventos deportivos programados en Dumbría unha cifra superior aos 4.000 deportistas.

Estes deportistas non teñen sós, chegan ata aquí acompañados de corpos técnicos, membros dos clubs, e mesmo de familiares que os seguen a estas competicións.

Isto fai que, como mínimo, esa cifra se triplique e cheguen ata a Costa da Morte máis de 12.000 persoas, que ademáis, en moitos dos eventos programados, prolongarán a súa estadía na comarca ao longo de varios días.

Isto supón un importante empuxe para o sector de servizos comarcal.

Son máis de 12.000 persoas que ao longo de varios días pernoctarán, almorzarán, xantarán e cearán aquí,  que realizarán compras en supermercados, que aproveitarán para visitar distintos enclaves, e que, en definitiva, contribuirán a un notable incremento de ingresos no sector non só en Dumbría, senón tamén a nivel de toda a comarca.

Segundo estudos económicos realizados polo Concello e polas federacións deportivas implicadas, o impacto económico na comarca alcanza cada ano o millón de euros.

E,  para facer posible todo isto, desde o Concello levamos anos facendo unha aposta moi forte para a creación e o mantemento de instalación e infraestructuras que permiten acoller este volumen de actividade garantindo a calidade que se iso esixe e que sorprenden a todos os que nos visitan.

Acometemos a modernización das instalación do Conco, coa renovación integral do pavillón polideportivo e coa construcción, o pasado ano, de dous campos de fútbol de herba sintética, que se logrou grazas unha intensa negociación financeira por parte do Concello.

Non é menos importante contar cun eficiente equipo de recursos humanos detrás de toda esta actividade, tanto a nivel municipal, coma en estreita colaboración cos clubs locais e cos grandes profesionais dos que sempre nos rodeamos en Dumbría para a organización destes eventos.

E imprescindible resulta, tamén, dispor dunha rede de voluntariado composto pola veciñanza de Dumbría, por Protección Civil e por colaboradores sempre dispostos a botar unha man.

Contribuímos, con este uso do deporte e da cultura, a crear novos postos de traballo, activando sectores que veñen complementar os tradicionais de ganderia, agricultura ou pesca, por exemplo, que ceden posición neste século, debido á  automatización das tarefas.

EN DATOS

O deporte coma motor de desenvolvemento económico para Dumbría e, ao mesmo tempo, para toda a comarca.

Competicións Federadas

4 campionatos galegos

5 campionatos de España

1 Marcha internacional de ciclismo

4 Eventos comarcais/provinciais

9 disciplinas diferentes:

Cicloturismo : Gran fondo Ézaro

Volei Praia

Fútbol

Piraguismo

Quad

Travesía a nado

Carreira pedestre

Carreira de obstáculos

Kick Boxing

Máis de 4.000 deportistas

Máis de 12.000 visitantes que chegan de fóra cada ano para asistir a estas competicións

Máis de 1.000.000€ de ingresos do sector servizos comarcal.

Info e fotos: Concello de Dumbría

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas