RACING DE FERROL: Volveu á senda da vitoria

Bisbarra en xogo presenciou na Malata a vitoria do conxunto que dirixe Cristóbal Parralo por 3-1 ante o CD Tudelano.

A pesar de ser un día chuvioso no que a cada minuto o chuvieiro incrementaba a intensidade, ao estadio da Malata acudiron moitos afeccionados para animar ao equipo, que comezou perdendo cun gol en propia porta de Yeferson Quintana no minuto 1′ ao tentar cortar un pase na área. Lonxe de vir abaixo, o Racing de Ferrol comezou a dominar o encontro e a levantar aos seus afeccionados dos asentos en cada oportunidade que tiñan e así, no minuto 25′, Íñigo Alayeto lograba o empate cun bo disparo. O Racing tiña a posesión do balón e o Tudelano trataba de facer dano á contra con chegadas de perigo.

Unha das xogadas máis fermosas do encontro chegou no minuto 40′ cando David Rodríguez remataba de chilena un gran centro posto desde a dereita e no que Pellerino respondeu cun paradón tras unha gran estirada.

Na segunda metade do encontro, o Racing daría a volta ao marcador tras un lanzamento de penalti que transformaría David Rodríguez no minuto 64′. Finalmente chegaría o definitivo 3-1 no minuto 88′ tras un disparo de Joselu, que toca David del Pozo, que xogaba o seu segundo partido co Racing. Aínda que nun principio, outorgóuselle o gol a David del Pozo, a acta da Real Federación Española de Fútbol acredita o gol, na súa páxina oficial, a Cavafe en propia porta.

Desde o equipo de Bisbarra en xogo, queremos agradecer ao Racing de Ferrol e en especial, a Manuel Eiroa, responsable de Marketing e Comunicación do club, pola súa acollida.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).