Recepción de Daniel Pérez a Brais Pensado tras conseguir cinco medallas no Campionato de Europa de salvamento e socorrismo

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, ofreceu o pasado luns unha recepción oficial ao deportista do Sysca Brais Pensado Alberti, que vén de acadar cinco medallas no Campionato de Europa de salvamento e socorrismo. O mozo carballés, de 17 anos, recibiu tamén os parabéns do concelleiro de Deporte, Daniel Barreiro Quintáns, e asinou no Libro de Honra do Deporte Carballés.

Brais Pensado formou parte da selección Española en Polonia. Ademais de acadar dúas medallas de prata e tres de bronce nas probas individuais, a súa participación contribuíu a que a delegación española se proclamase campioa de Europa.

A súa próxima cita deportiva, tamén coa selección española, será o Internacional Surf Rescue Challenge 2025, que reunirá aos mellores socorristas do mundo en Nueva Zelanda do 23 de novembro ao 1 de decembro.

Info e foto: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas