MÁIS MOTOR E YA-CAR: terán seis coches no maior Rally da Auga da historia

Un ano máis, chega a fin de semana na que toda Arzúa vibra co motor grazas ao Rally da Auga – Camiño de Santiago, que gozará da maior participación da súa historia nesta oitava edición.

O evento presentouse o pasado xoves no Muiño de Pena (O Pino) ante varias decenas de persoas, entre as que destacou a presencia do campión mundial, e padriño da cita, Luis Moya.

Esta edición récord, para a que hai apuntados 100 equipos e 13 reservas, disputarase dende este xoves 3 de xuño ata o sábado 5, unhas datas nas que, segundo apuntan dende a organización, “estará todo organizado para vivir unha gran festa do automobilismo”. Unha predición sustentada no esforzo dos organizadores e, por suposto, no gran nivel da lista de participantes.

Entre os 100 pilotos, atopamos nomes tan importantes na escena actual como o de Nasser Al-Attiya, tres veces campión do Rally Dakar, José Antonio Suárez, Luis Vilariño, Iván Ares, José Luis Peláez ou Gorka Aizmendi.

En canto as escudarías máis próximas a nosa Costa da Morte, Máis Motor estará representada por Daniel Vázquez e Roberto Pombo no seu Peugeot 208, e Ya-Car terá ata cinco coches competindo: O Ford Fiesta de Perfecto Calviño e Rubén Santas, o Hyunday i20 de Darío Calviño e Francisco García, o Kia Rio de Antonio Herrerias e Javier Martínez, o Nissan Micra de César Garabatos e Javier Ramos, e o Peugeot 208 de Óscar Palomo e José Antonio Pintor.

Foto de Rally da Auga. Presentación do Rally da Auga

Foto de Rally da Auga. Nasser (2020)

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas