Xornadas de Nadal e Kangeiko en Ferrolterra

Para pechar este ano 2025 a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra realizou, como xa é costume, o seu adestramento de inverno de Kangeiko.

Este é un adestramento que tradicionalmente se realiza a temperaturas baixas, nos días e horas máis frías do inverno, e que leva celebrándose desde a fundación de Kodokan en 1882. O obxectivo deste adestramento é cultivar, sobre todo entre os mozos, unha serie de valores como a forza de vontade, a perseveranza, a constancia e non só o físico ou técnico.

Este adestramento de dez días realízase nos primeiros días de xaneiro, entre as 6:00 e as 8:00 da mañá. Os judocas da AD Judo Ferrolterra, na que xa é a súa sexta edición, adestran do 21 ao 30 de decembro de 2025, desde as 6:00 ás 7:30 da mañá. Participaron máis de 30 judocas de diferentes idades, dirixidos polos profesores do club Jorge Díaz e Alberto López “Pitu”.

Doutra banda, os profesores do club asistiron a un curso organizado pola Federación galega de Judo, co tema principal de “Revisión Técnicas Judo Kodokan” impartido pola profesora do Kodokan Daniela Krukower. Estiveron presentes neste curso Alberto Castro, Moncho Rey, Alberto López “Pitu”, Armando Castro, Alex Castro e Bruno Carrodeguas.

Así mesmo, o grupo de competición do club, participou na Xornadas de Nadal, adestramento federativo que organiza a Federación de Judo para ir preparando as próximas competicións que se inician xa na segunda semana de xaneiro do 2026.

Info e foto: Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas