XX Trofeo Cidade de Narón

O Club Arco Narón celebrou o pasado sábado no Pavillón da Gándara a vixésima edición do seu tradicional torneo de tiro con arco indoor.

O XX Trofeo ‘Cidade de Narón’ de Tiro con Arco en Sala é xa o 2º torneo con máis soleira dentro do calendario galego (sen contar o Campionato Galego), e celébrase habitualmente no sábado máis próximo ao día 23 de novembro (Día Institucional de Narón). Debido ao apertado calendario de competicións desta tempada, desde o club sinalan que non puideron nesta edición bater o récord de inscricións do pasado ano, aínda que a calidade dos participantes seguiu sendo a mesma. Contaron coa presenza de Alberto Blázquez (para eles, ata a data, o mellor seteiro de arco composto español de todos os tempos), varios internacionais e tamén a Campións e Subcampións de España das súas categorías.

Tras o Round Clasificatorio desenvolvíase o proceso de Encontros Individuais (eliminatorias) que comezou no nivel de 1/8 de final.

Na sesión da mañá competían todas as categorías de menores de 18 anos, mentres que na xornada de tarde competían os júnior, senior e veteranos.

Os resultados dos nosos deportistas foron os seguintes:

SESIÓN DA MAÑÁ

Recurvo Benxamín Home (9-10 anos)
– Jorge Mateo González 72 94 = 166 puntos. 1ª posición final.

Recurvo Benxamín Muller (9-10 anos)
– Carla Rodríguez Carnero 174 134 = 308 puntos. 2ª posición no roud e 2ª posición final.
– Antía García Lago 156 147 = 303 puntos. 3ª posición do round e tras as eliminatorias 3ª praza final.

Recurvo Alevín Home (11-12 anos)
– Saul Gómez Vázquez 285 260 = 545 puntos. Obtiña a 1ª praza do round, tras as eliminatorias clasificábase na 2ª posición final.

Recurvo Alevín Muller (11-12 anos)
– Alba Oca Barreiro 255 256 = 511 puntos. 1ª posición do round e 1ª posición final.
– Julia Blanco Romero 211 171 = 382 puntos. 2ª posición do round e 2ª posición final.
– Sofía García Lago 98 124 = 222 puntos. 4ª posición do round. Tras os encontros individuais eliminatorios ascendeu ata a 3ª posición final.

Recurvo Infantil -U15 Muller (13-14 anos)
– Paula Pérez Díaz 220 203 = 423 puntos. 1ª posición do round. Pero tras as eliminatorias baixa á 2ª posición final.
– Adriana Rodríguez Soto 191 212 = 403 puntos. 3º posición do round e 3ª posición final.
– Claudia Bañobre Carballo 182 117 = 299 puntos. 4ª posición do round e 4ª posición final.

Recurvo Cadete -U18- Muller (15-16-17 anos)
– Lúa Teijeiro Aneiros 274 274 = 548 puntos. 1ª posición provisional tras o round. Quedou a só 3 puntos da máxima puntuación de todas as categorías, incluídos os senior. Tras a eliminatorias revalidou e clasifícose na 1ª posición final.
– Lía Lage Pernas 265 253 = 518 puntos. 2ª posición do round e 2ª posición final.
– Iria Zaragoza López 243 225 = 468 puntos. 3ª posición do round e 3ª posición final.
– Lorena Quintela Anido 131 161 = 292 puntos. 5ª posición do round. Tras as eliminatorias ascendeu un posto e clasificouse na 4ª posición final.

SESIÓN DA TARDE

Recurvo Muller Absoluta
– María Belén Sedes Manteiga 81 117 puntos. 11º posto provisional tras o round. Tras as eliminatorias (con rotura de material incluída) ascendeu espectacularmente ata a 5ª posición final. Estreábase en competición.

Recurvo Home Absoluto
– Elías Montenegro Dopico 265 263 = 548 puntos. 2ª posición provisional tras o round e 2ª mellor puntuación de todos os participantes (onda Lúa na xornada da mañá), tendo en conta que é júnior aínda e participaba en categoría absoluta. Tras as eliminatorias baixou ata a 4ª posición final.
– José Manuel Solla Acuña 223 211 = 434 puntos. 16ª posición provisional, pasou o corte e tras os encontros individuais repetiu o posto e clasificouse na 16ª posición final.
– Ángel Cartelle Pico 217 194 = 411 puntos. 20ª posición final.
– José Manuel Fernández Ramos 188 192 = 380 puntos. 23ª posición final.
– Bruno Oca Justo 151 211 = 362 puntos. 24ª posición final.
– Luís Gómez Agras 190 160 = 350 puntos. 26ª posición final.
– Jesús García Rey 112 115 = 227 puntos. 27ª posición final.

Hai que facer notar que pola mañá competían por primeira vez: Jorge, Carla, Antía, Julia e Sofía. Mentres que pola tarde se estreaban en competición: María Belén, José Manuel, Ángel, Luís e Jesús.

Info e foto: Club Arco Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas