14º AUTOCROSS CARBALLO: O larachés Esteban Serrano, División II, e o cercedense Perfecto Calviño, en División I, os mellores pilotos da zona

O larachés Esteban Serrano, cun Peugeot 106 Gti, en División II, e o cercedense Perfecto Calviño, cun Ford Festa Proto, foron os pilotos máis sobresalientes da zona no 14ª Autocróss de Carballo, cuarta cita do campionato de España. Lograron a segunda e as terceira prazas das súas respectivas categorías.

A fin de semana estivo marcado polas altas temperaturas. Competiron 108 dos 115 pilotos rexistrados. A organización recaeu no Club Rally Coruña, que contou coa colaboración da Escuadra Mais Motor e do Concello de Carballo.

Os vencedores desta cuarta cita do nacional foron Víctor Álvarez, en División I; Cristian Escribano, en División II; Carlos Hernando, en División III; José Carlos Portalo, en kartcross; Pol Durán, en kartcross júnior, e Josep Aranda, en kartcross promoción.

División I
Víctor Álvarez foi o vencedor en División I, aínda que o gran dominador durante a fin de semana foi Perfecto Calviño, ao impoñerse en tres mangas. O susto protagonizouno a pontecesá Sandra García. Os tres primeiros foron Víctor Álvarez (Audi TT), Tomás Aranda (Citroën DS3) Perfecto Calviño (Ford Festa Proto). Á final chegaron oito pilotos.

División II
Cristian Escribano, cun Citroën Saxo VTS, impuxo o seu domino na División II. Tras el Esteban Serrano (Peugeot 106 GTI) e Roberto Martínez (Peugeot 106). Á final chegaron 14 pilotos. Outros pilotos da zona foron: Gabriel Serrano (A Laracha), 5º; Alberto Varela (Carballo), 7º; Felipe Santos (A Laracha), 9º, e Borja Rodríguez (Carballo), 11º.

División III
Carlos Hernando, coa súa Desmasa HS Racing, non deu opción en División III. Tras el clasificáronse Eduard Beñeres (Speedcar TTR) e Juan Carlos Barredo (Formula TT). Na final estiveron 9 pilotos.

Kartcross
José Carlos Portalo, cun MV Racing MVI, venceu en kartcross. Ademais ocuparon podio Iván Piña (Semog Bravo Sport) e Javier Lucena (Semog Bravo Sport). Á final chegaron 15 participantes. Outros pilotos da zona foron Maikel Vilariño (Carballo), 5º; Javier Ramilo (Carballo), 11º, e Beto Lorenzo (Carballo), 14º.

Kartcross júnior
Pol Durán, con Speedcar Xtrem, estivo intratable en kartcross júnior. Seguíronlle Quim González (Speedcar Xtrem) e Luís Quintana (Labase SX01). Houbo 15 participantes na final.

Kartcross promoción
Josep Aranda, cun Speedcar Wonder, foi o vencedor no kartcross promoción. Acompañáronlle no podio Gabirel Durán (Semog Bravo Sport) e Fredi López (Semog Bravo Sport). Na final estiveron 14 pilotos. O xallés Iván Couto, que debutaba, finalizou no posto 11º.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas