O piloto de Oroso venceu no 18º Slalom Scratch Fene cun tempo de 1:35:076.
A 18ª edición do Slalom Scratch Fene proclamou a Manuel Souto Paderne, da escudería Oroso Motorsport, coma novo campión de Galicia de Slalom. O piloto orosano superou ó seu rival polo título, Fran Pico, por 381 milésimas, levándose a victoria na proba raiña do Campionato de Galicia de Slalom. En terceira posición, quedou o piloto de ACAP, Manuel Trevín a bordo do seu BMW Compact.
O slalom fenés, contou cunha participación de récord, con 83 pilotos inscritos, dos que foron 81 os que finalmente tomaron a saída. Todo un reto que Scratch Fene solventou con moito éxito, cunha planificación de horarios excelente que deu coma resultado 12 horas de carreiras ininterrompidas, que comezaron ás 9:30 e remataron ás 21:30. Un total de 2 mangas de adestramentos e 2 mangas oficias, nas que a primera oficial, sería a decisiva.
A clasificación por agrupacións, deixou coma vencedor da 1 ó fenés Rubén Gandoy, da 2 ó somocense Fran Pico, da 3 ó orosano Manuel Souto e da 4 ó ortegano Manuel Trevín. No tocante ás diferentes copas e trofeos postos en marcha:
Iniciación Car BikeX: Rubén Gandoy – Peugeot 260 XR
Debutantes Car BikeX: Aaron Rodríguez – Peugeot 106
Feminino Ortegal Oil: Mariquiña Chao – Citroën Saxo VTS
Veteráns Talleres Venezuela: Antonio Amor – Seat 1430
Traseiras Castro Sport: Manuel Trevín – BMW Compact
Scratch Fene KIA Corgal Automóviles: Iván Martínez – Peugeot 106
Junior Scratch Fene: Iván Bouza – Peugeot 205 GTI
Históricos Scratch Fene: Borja Cotovad – Ford Escort Mk1
A escudería fenesa comeza a pensar xa no evento de final de ano, colaborando con Scratch Galicia para levar a diante unha ruta turísticana coa que recadar alimentos para a Cociña Económica de Ferrol, entidade coá que levan máis de 15 anos colaborando nestas datas.
Info e foto: Dpto. de prensa Scratch Fene