Un total de 36 clubs competirán na 57º Copa da Costa 2021-2022 na que as eliminatorias serán a partido único, comezando o 29 de maio e a final está prevista para o 3 xullo.
PARTICIPANTES
Preferente (2): SD Fisterra e Xallas FC.
Primeira Galicia (7): CF Dumbría, Soneira SD, Mazaricos CF, Corme CF, Volantes de Baño CF, Puenteceso SD e CD Baio.
Segunda da Costa (18): SD Esteirana, Cabana SD, Muxía CF, SD Castriz, Club Deportivo Muros, SD Coristanco, Camariñas FC, UD Cerqueda, CD Baíñas, CD Nantón, SD San Lorenzo Verdillo, UD Monte Louro, SCD Malpica, CF Lira, Outes FC, Buño SCD, UC Cee e Sporting Zas .
Terceira da Costa (9): UD Corcubión, SD Camelle, FC Castrelo, Sporting Seaia CF, Porteño CF, SD Oza, SD Laxe, Atlético Pereiriña e SD Ameixenda.
O único equipo que non pode participar e que competiu na liga é o Xallas FC “B”, ao ser filial e estar o primeiro equipo, xa que as normas impiden a súa presenza.
DATAS
As datas para a disputa das distintas eliminatorias están decididas, e serán as seguintes:
Rolda da fase previa 29 de maio.
Rolda de dezaseisavos de final 5 de xuño.
Rolda de oitavos de final 12 de xuño.
Rolda de cuartos de final 19 de xuño.
Rolda de semifinais 26 de xuño.
Final 3 de xullo.
As eliminatorias ao ser a partido único será no campo do conxunto que menor categoría, e no caso empate ao final dos 90 minutos, a Real Federación Galega de Fútbol decidiu que se dispute unha prórroga e se así non se resolve a igualada, decidirase no lanzamento de penaltis.
SORTEO
A Real Federación Galega de Fútbol ten previsto realizar o sorteo dos emparellamentos o día 17 de maio e o lugar será o Pozo do Cachón, en Muros, espazo no que se realizou o último acto similar hai dous anos e que finalmente non puido desenvolverse a Copa pola pandemia do COVID-19.