O PARRULO FERROL: pon á venda as entradas ante Visit Calvià Hidrobal

O Parrulo Ferrol volverá xogar diante da súa afección este sábado recibindo ao Visit Calvià Hidrobal, na 24º xornada da Segunda División, que se disputará a partir das 19:30 horas, no Pavillón da Malata.

Os abonados e os xogadores da Escola de Fútbol sala de O Parrulo Ferrol terán a entrada gratuíta tendo que presentar o seu carné e DNI na porta do Pavillón da Malata, mentres que para os non abonados poderán adquirir a súa entrada este sábado, unha hora antes do inicio do partido, a partir das 18:30 horas.

O prezo das entradas para os non abonados será o seguinte:

Entrada xeral (a partir de 16 anos): 10 euros.

Entrada nenos (de 6 a 15 anos): 5 euros.

Menores de 5 anos: Deben retirar invitación gratuíta no despacho de billetes.

Seguindo as últimas directrices no protocolo covid publicadas no Diario Oficial de Galicia, para acceder ás bancadas do Pavillón da Malata será necesario presentar un destes documentos, para as persoas maiores de 12 anos, ademais da súa entrada ou abono e DNI:

Certificado covid de vacinación da UE.

Proba negativa de PCR nas últimas 72 horas.

Proba negativa de antígenos nas últimas 48 horas.

Proba de superar o covid nos últimos 6 meses

Información e imaxe: O Parrulo FS

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas