Rafa: “Esta tempada faime especial ilusión”

Rafael Afonso Lourido (Perlío, 1994) formouse nas bases do Ánimas, Racing, Eume e Galicia de Caranza como porteiro. Debutou en modestos no Perlío, estivo dous anos en As Pontes e sete máis no Perlío, onde tamén adestrou ás distintas categorías.

Dirixiu dúas tempadas ao feminino, acadando o ascenso e neste curso dirixe ao filial masculino.

Como afrontas o reto de dirixir o filial masculino?
Con moitas ganas, pero tamén coa responsabilidade de facer as cousas ben para devolverlle ao club a confianza que depositou en nós. Esta tempada faime especial ilusión, xa que podo adestrar un gran número de xogadores aos que xa adestrara nas categorías de base e cos que agora nos volvemos atopar no fútbol afeccionado.

Que supuxo para ti ascender co feminino?
Pois, como poderás imaxinar, unha enorme alegría. Considero que este ascenso é o logro máis importante que vivín desde que comecei a adestrar. Tamén supuxo unha satisfacción enorme, xa que foi o recoñecemento ao traballo duro do equipo ao longo desas dúas tempadas que puiden compartir con elas, ademais dun premio que teñen máis que merecido. Sen dúbida, foi o mellor final posible para unha etapa que sempre recordarei con moito cariño.

Que obxectivos te marcas para esta tempada?
Tanto o club coma min consideramos que o principal obxectivo é conseguir que o maior número posible de xogadores do filial formen parte do primeiro equipo nas próximas tempadas. No plano deportivo, o obxectivo é, sen ningunha dúbida, a permanencia. Esta tempada vai estar bastante cara, visto o nivel da liga, pero creo que temos un cadro de xogadores preparado para loitar por ela. E a nivel persoal, quero seguir aprendendo e formándome no día a día para intentar ser mellor adestrador.

Fotos: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Charly: “Temos un moi bo equipo”

Carlos López Vilasánchez, “Charly” (Ares, 1996), chegou ao Somozas como un dianteiro con experiencia e eficacia na área. Formouse na base do Dépor e Racing,