A Escola Basket Xiria volve depositar a súa confianza no adestrador Héctor Méndez para dirixir ao primeiro equipo

Héctor Méndez Vidal (A Coruña 1984), volverá ser o adestrador do Calvo Basket Xiria na Terceira FEB para a tempada 2025/26. Esta será a súa sétima tempada consecutiva no Basket Xiria, a quinta do preparador coruñés como adestrador principal no primeiro equipo do Club, dende que chegara a Carballo en 2019.

A Directiva a proposta da Dirección Deportiva do Club, volve ratificar e dar a súa máxima confianza ó adestrador Héctor Méndez, para dirixir de novo ao Calvo Basket Xiria nesta vindeira tempada 2024/25. Tras cinco tempada consecutivas sendo o adestrador principal, esta será a cuarta en Tercera FEB (antes Liga EBA), no que será a undécima tempada do equipo carballés en competicións FEB.

Con esta renovación o CALVO BASKET XIRIA da o pistoletazo de saída para configurar o equipo que na presente tempada 25/26 representará a Carballo na Tercera FEB. En próximos días daremos a coñecer algunhas das novidades en canto a fichaxes e renovacións do equipo.

Por compromiso, traballo e méritos propios, a renovación de Héctor Méndez tiña que levarse a cabo, por interese común de ámbalas partes, pero sobre todo para seguir a progresión de xogo e mellora do Calvo Basket Xiria. Tras una tempada 2024/25 complicada, na que non se comezou ben a competición e sufriuse apuros para manter a categoría, neste ano a aposta é de novo a permanencia, sabendo que esta 3ªFEB volverá a ser moi difícil. Dende o Club confiase en volver a conseguir o obxectivo, polo coñecemento, traballo e compromiso do adestrador coruñés, para que Carballo desfrute un ano máis dunha competición estatal.

Cunha contrastada experiencia en categorías de formación ao longo destes anos, é adestrador superior dente 2017, ademais do gran traballo destes anos con diferentes equipos de base, é notorio a súa vocación de formación, xa que foi dos adestradores habituais nas seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e dende a tempada 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.

Traxectoria Deportiva:

Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA/3ªFEB).
Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2021/22 á actual – 5º ano.

Adestrador Axudante CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA).
Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2019/20 e 20/21 – 2 anos.

Adestrador BASQUET CORUÑA.
Club Basquet Coruña. Dende Tempada 2005/06 ata 2018/19 – 13 anos.

Info e foto: Escola Basket Xiria

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde