Eva Lema (Muxía, 1994) é unha xogadora completa e rebosante de calidade que cumpre a súa terceira tempada no Dumbría compaxinando co fútbol sala no Amio.
Empezou a súa carreira defendendo a portería do Fisober, pasando por equipos como o Amarelle, Valdetires, Burela, e os madrileños Colmenarejo e Navalcarnero, ata deixar as luvas ao carón e probarse como xogadora no Amarelle Santa Comba.
Se como porteira era sobresaliente polos seus reflexos, liderado, xogo de pés e axilidade, como xogadora non se quedou atrás pola súa polivalencia, disputando a súa primeira tempada no conxunto dumbriés como mediocentro, para ser mediapunta na súa segunda campaña e dianteira na actual, destacando pola súa potencia, bo disparo, visión de xogo, control do balón e calidade que a converteron en todo un pesadelo para as porteiras rivais.
Marcou 10 tantos na súa primeira campaña no conxunto dumbriés, 24 na súa segunda e leva 22 na presente, aínda que para a muxiá superar o seu récord de goles “é posible, pero non é algo que me preocupe, non presto atención aos números individuais”, engadindo que “tentarei seguir axudando ao equipo e sei que os goles son importantes, pero o principal son os puntos, marque quen marque”. Ademais, lograr o pichichi non é un reto persoal, xa que “non me imaxinaba para nada que ía estar arriba nesa táboa e moito menos é un reto persoal, gústame axudar e non sempre é marcando goles, de feito, os goles do equipo están moi repartidos e estes números son froito do esforzo e o traballo de todos”.
Foto: Neypa Fotografía