Iván Couto: “A tempada está a ser moi boa en liñas xerais”

O gardameta e un dos capitáns do Xallas FC, Iván Couto (Santa Comba, 1997), compaxina o fútbol e o motor como piloto de Autocross e Rallymix, presidindo a escudería SC Motorsport. Entre a súa traxectoria está o CF Dumbría xuvenil e senior, o Santiago de Compostela CF e o SD Dubra, destacando polo seu liderado e grandes reflexos.

Como valoras a tempada?
A tempada está a ser moi boa en liñas xerais, tanto a nivel colectivo como a nivel individual, síntome en moi bo estado de forma e estamos a sacar grandes resultados. Estamos segundos sendo un equipo recentemente ascendido, reconstruído o ano pasado para Terceira Autonómica mediante un proxecto de cero, todo con xogadores novos de casa e tendo total continuade este ano en Segunda, onde non se realizou absolutamente ningunha incorporación salvo algúns dos xogadores que terminaron categoría no noso xuvenil. Isto fai que non só o mérito sexa moi grande se non que a satisfacción de estar na pelexa do liderado dunha liga tan competitiva como a Liga da Costa sexa moi grande.

Como vives os partidos desde atrás?
Como che comentaba antes, síntome en moi bo estado de forma, a experiencia permíteme estar tranquilo independentemente de que o partido vaia mellor ou peor, e doutra banda, a responsabilidade de ser un dos “veteranos” deste equipo tan novo, e o capitán se non está Doro no campo, tamén me motiva e ilusióname para continuar progresando todos xuntos e continuar sacando bos resultados. Ver desde a portería a ilusión e ganas de todos os meus compañeiros en cada partido, poder darlles instrucións e achegar o meu gran de area para axudarlles a ir mellorando cada día, vendo esta evolución tan grande que están a ter moitos deles, paréceme moi gratificante. Estou moi cómodo e contento no equipo.

Quen foi o dianteiro máis forte ao que che mediches?
Xoguei moitos partidos en diferentes categorías, é difícil poder elixir, aínda que probablemente os mellores fosen en Terceira División, enfrontándome a grandes dianteiros como Hugo Rama, Uxío, Hugo Soto, Carnero ou Pinchi, entre outros. Con todo, xogando nesas categorías e competindo contra xogadores desa talla, non deixa de sorprenderme o enorme nivel de moitos xogadores desta liga como Alberto Vía, Richi ou Pichi no Soneira, Djibril ou Mario no Camariñas, Martín MC do Baio, que sempre é moi perigoso, ou outros como César Lojo ou Iago Lema do Corcubión, entre outros moitos que non me quero esquecer, pero que sen dúbida teñen nivel para destacar en varias categorías superiores.

Pilotar tamén che axuda como adestramento para o fútbol?
Si, claro, ambas as cousas adéstranse simultaneamente e retroaliméntanse. Pilotar permíteme traballar moito os reflexos, a forza en dedos e antebrazos, así como a precisión coas mans, ademais da capacidade de concentración e minimizar erros, puntos crave tamén para a portería. Sen dúbida é un gran reforzo no adestramento.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras