ADRIÁN DUBRA: “Temos que superar os momentos difíciles dos partidos”

O adestrador do Balonmán Xiria, Adrián Dubra, asume o mal momento dos partidos e busca que o equipo poida saír del canto antes.

Como explicase este refacho?
Entramos nunha dinámica negativa de resultados, e non é fácil saír dela. Temos que superar os momentos difíciles dos partidos. Estásenos atragoado o inicio dos encontros, xa que quizais temos necesidade de querer empezar ben e metendo goles e non lanzamos nos momentos adecuados. Fáltanos esa desenvoltura que che dan os resultados e libéranche para ser valentes en momentos craves.

O equipo cambiou algo?
Somos un equipo novo que se está construíndo con moito esforzo por parte dos xogadores. Están a deixarse cada pinga suor na pista.

Como está a responder o persoal?
Loxicamente fáltanos a alegría dos resultados. Pero teñen unha implicación digna de admirar e están comprometidos. Merécense un bo resultado por como están a traballar. Estou orgulloso de todos. Porque a pesar dos resultados moitos están a evolucionar e cada un terá o seu momento na tempada. Saben que o principal é que o equipo salga adiante e traballan e melloran cada día.

Que destacaría do seu grupo?
Esta vez gustaríame destacar o compromiso que están a dar en momentos difíciles para todos. Desde o máis novo ata o máis veterano. É un mes difícil, asimilámolo e queremos sacalo adiante.

 

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).