O meta do Balonmán Xiria xogou coa selección nacional xuvenil en Serbia fronte aos combinados de Francia e Serbia.
A presenza de Mateo Pallas García (Carballo, 2005), meta do Balonmán Xiria, na selección nacional xuvenil ou chamados Hispanos xuvenís, foi unha das grandes sorpresas desta convocatoria de Javier Fernández López, debido a que nela quedaron fóra os porteiros que defenden as porterías do FC Barcelona ou Balonmán Granollers, entre outros. Así, o cérbero carballés, de 1,89 metros de estatura e desde os 8 anos vinculado nos equipos de Xiria, formou parte do combinado nacional con Álvaro Pérez, do Balonmán At. Valladolid. E ambos defenderon a portería en Belgrado en partidos de carácter amigables cunha vitoria contra Francia por 29-27 e unha derrota con Serbia por 36-33. Ambos tiveron lugar os pasados días 17 e 19 do presente mes de marzo, respectivamente. Na convocatoria figuraron 16 xogadores xuvenís e nela Mateo, con 16 anos, foi un dos máis novos:
Portería: Álvaro Pérez e Mateo Pallas.
Central: Ferrán Castillo e Javier Miñambres.
Lateral esquerdo: Ezequiel Conde, Carlos Ocaña e Pablo Herrero.
Lateral dereito: Marko Ojeda e Ibai Etxarte.
Extremo esquerdo: Alejandro Díaz e Pablo Guijarro.
Extremo dereito: Eduardo Alonso e Enrique Calvo.
Pivote: Víctor Romero, Jokin Aja e Jon Tricas.
Desde a propia Real Federación Española de Balonmán informaron que iso obedece á preparación para a gran cita internacional, que será o próximo verán: o Campionato de Europa, que se xogará en Podgorica (Montenegro), do día 4 ao 14 de agosto.
CONCENTRACIÓN
Así, os Hispanos xuvenís tiveron unha concentración do día 14 ao 20 do presente mes, na que se inclúen eses dous encontros de preparación. O luns, día 14, os 16 xogadores chegaron a Madrid e desde a capital de España desprazáronse en autobús a Guadalajara, lugar dos primeiros días de concentración. Estos encontros serven de preparación para a selección co fin de disputar o Campionato de Europa en Montenegro.