Antonio Tacón: “Estamos nunha boa posición”

O xogador do Xiria Volei, Antonio Tacón, analizou a tempada do conxunto carballés.

Coa clasificación para a fase final xa ben amarrada, o xogador do Xiria Volei, Antonio Tacón, valora as sensacións da tempada comentando que “o equipo está ben e estamos nunha boa posición. Vimos de gañar un partido complicado contra o primeiro clasificado e quédanos o vindeiro domingo enfrontar ao cuarto clasificado”.

Tacón tamén considera que hai cousas que mellorar, xa que “a pesar dos bos resultados, aínda atopamos bastantes altibaixos no noso nivel de xogo”, para a continuación afirmar que “os seguintes partidos virannos ben para empezar a coller sensacións para a fase final, que parece que será máis complicada que en anos anteriores”.

Con todo iso, Tacón tamén analizou a importancia de chegar frescos e fortes mentalmente, xa que “rotamos bastante durante a liga regular, pero agora toca centrarnos en afinar o noso xogo”, finalizando que o obxectivo do conxunto carballés é “afrontar o campionato galego con confianza e na mellor forma posible”.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas