Nerea Romero: “Teño a intuición de que esta segunda volta podemos sorprender”

A xogadora do Narón Volea, Nerea Romero, analizou as sensacións da tempada, así como as claves e obxectivos para a segunda volta do campionato ligueiro.

«Esta tempada comezou con algúns desafíos para o noso equipo. A adaptación a novas tácticas, a incorporación de xogadoras novas e o reaxuste de roles levounos a enfrontar dificultades ao principio. Non foi fácil adaptarnos, xa que cada xogadora tiña o seu propio estilo e o equipo aínda estaba en proceso de integración. Aínda que estes primeiros partidos, servíronnos para aprender dos nosos erros e coñecernos mellor tanto no individual como no colectivo».

«A medida que avanzaron os adestramentos e fomos gañando confianza, a situación comezou a mellorar. O traballo en equipo foi dando o seu froito e empezamos a entendernos moito mellor dentro da pista. A segunda volta da tempada preséntase cunha gran expectativa. Sabemos que melloramos e que os aspectos que antes nos custaban están a comezar a resolverse».

«Teño a intuición de que esta segunda volta podemos sorprender. O noso obxectivo é claro: aproveitar todo o aprendido e dar o mellor de nós mesmas. Con máis confianza e comunicación. A tempada segue sendo unha oportunidade para demostrar que o traballo duro, a paciencia e a perseveranza sempre dan froitos».

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas