BALONMÁN XIRIA: O conxunto feminino fixo historia despois de conseguir o título de liga, disputou a promoción en Carballo a División de Honra Prata

A tempada 2022 – 2023 quedará con letras de ouro na historia do Balonmán Xiria feminino.

A formación de Manu López conseguiu o título autonómico, o primeiro nos dez anos que ten de vida o equipo, e como broche disputou a promoción en Carballo a División de Honra Prata. Durante a campaña, as xogadoras carballesas estiveron a pugnar desde as primeiras xornadas entre as favoritas, Cangas, Reconquista de Vigo e Samertolameu. Ata a xornada oitava, o Xiria non se instalou na primeira posición, praza que mantería ata o final. Tras o equipo de Carballo fóronse alternando o Cangas, o Reconquista e o Samertolameu. As xogadoras de Manu López conseguiron matematicamente o cordón na vitoria da xornada 24 fronte ao Seis do Nadal (35-20), cando faltaban dúas xornadas para concluír a liga.

O balance da formación carballesa en 26 xornadas foi de 22 vitorias, 1 empate e 3 derrotas. Lograron marcar 809 goles e encaixaron 558. Sumando así 45 puntos, mentres que Cangas, 42; Samertolameu, 41, e Reconquista, 37, que coparon os primeiros postos da clasificación final.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas