BALONMÁN XIRIA

O Balonmán Xiria celebrou en Cangas fronte ao Balonmán Luceiros o título ligueiro, que logou despois do empate do Lanzarote

Conquista o seu terceiro título nacional na súa historia e agora disputará a sétima fase de ascenso a División de Honra Prata

OBalonmán Xiria conquistou o seu terceiro título na historia do club carballés en Primeira División Nacional e fíxoo a falta de tres xornadas para concluír a tempada 2020-2021. Unha semana antes certificou a súa sétima presenza nunha fase de ascenso á División de Honra Prata. Os xogadores carballeses, baixo a dirección de Adrián Dubra, certificaron na xornada 27 -a catro do final de liga- a vitoria no derbi fronte ao OAR Coruña (37-20) e con iso aseguraron a súa presenza para disputar a fase de ascenso a División de Honra Prata, que será a sétima vez que o consiga na historia da entidade. Esa xa foi unha xornada que se celebrou no pavillón Vila de Noia de forma especial por todos os integrantes do equipo e polos afeccionados.

Na última xornada ata o momento celebrada na liga, o Balonman Xiria Calvo bastáballe un empate na cancha do Luceiros, no pavillón Gatañal de Cangas, pero o empate o día anterior do Balonmán Lanzarote deu o galardón aos carballeses, antes de disputar o seu partido de rolda número 28 en Cangas. Despois, o domingo, os xogadores de Carballo conseguiron un novo triunfo na liga, o número 24 nos 28 partidos disputados (24-29). Os demais resultados que completaron o balance ata este momento foron un empate e tres derrotas. Así, Adrián Dubra terá dúas xornadas máis antes de concluír a campaña -recibirá ao Carballal e concluirá fronte ao SAR en Redondela- para ir preparando ao equipo para disputar a ilusionante fase de ascenso. A intención é dar minutos a todos os xogadores e chegar nas mellores condicións. Ademáis, unha das posibles sedes para disputar a fase pode ser Carballo, xa que o club solicitou a mesma. De confirmarse, sería a terceira vez que a vila acollería unha, tras as disputadas na campaña 1999-2000 e 2015-2016.

O conxunto carballés lanzou un balance de tempada extraordinario, debido a que desde o primeiro momento estivo sempre no grupo dos favoritos, xa que está de primeiro na clasificación desde fai 23 das 28 xornadas disputadas, tan só non ocupou ese lugar nas cinco primeiras semanas de liga, nas que estivo 4º, 5º, 3º, 3º e 2º, respectivamente, pero en todas elas empatados a puntos
cos equipos que estaban por diante na táboa.

A formación carballesa mostrou unha gran madurez e un cambio importante no xogo que tivo o selo propio de Adrián Dubra, adestrador que aterrou no primeiro equipo o pasado exercicio e
desde ese momento foi labrando o esquema que foi paulatinamente implantando. O éxito chega ao adestrador carballés, de 34 anos, que despois de sentar no banco das categorías inferiores e no
sénior feminino deu o salto ao primeiro equipo na campaña 2019-2020. Neste exercicio Adrián Dubra tivo como segundo a Brais Puñal Domínguez, que unha inoportuna lesión afastouno do
exercicio anterior das canchas.

 

FASES DE ASCENSO
O Balonmán Xiria disputará a súa sétima fase de ascenso e farao con moita ilusión e, sobre todo, confianza no demostrado ao longo da gran tempada. Ademais, unha das posibilidades de que Carballo acolla a liguiña final.
As anteriores fases disputáronse en:

  • Segovia na tempada 2010-2011
  • Ciudad Real na tempada 2012-2013
  • Carballo na tempada 2015-2016
  • Lanzarote na tempada 2016-2017
  • Santoña na tempada 2017-2018
  • Avilés na tempada 2018-2019
  • E agora esta tempada 2020-2021

 

DOUS TÍTULOS
O Balonmán Xiria conta na súa historia con dous títulos máis ao conseguido esta campaña 2020-2021 en Primeira División Nacional, e foron de forma consecutiva nas tempadas 2015-2016 e 2016-2017. O conxunto carballés disputou esta liga a número 19 na Primeira División. Ademais dos tres títulos, o equipo quedou catro veces subcampión (2010-2011, 2013-2014, 2017-2018 e 2018-2019).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou