BARCA TOBA: Deportista total

Barca Toba Suárez (Muxía, 1985) afrontou este ano 2022 con debut nas filas do Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial na modalidade de dúatlon e seguirá competindo co SD Compostela Atletismo, de Santiago, e o Club Ciclista Val da Louriña, de Porriño, nesas disciplinas.

Barca é unha deportista total. Xa que comezou aos 15 anos nas filas do San Lence, da Coruña, na modalidade de fútbol sala, e ata a actualidade practicou fútbol, atletismo e ciclismo a nivel federado. Esta muxiá ten ao deporte como o seu gran hobby, porque: “Forma parte da miña vida, xa que non son profesional”, comenta. Aínda que tamén lle gusta a lectura, con argumentos como intriga, trama ou bibliografía, principalmente, de deportistas. Ler le de todo. Como boa deportista ten as súas teimas, e unha é utilizar os mesmos calcetíns, por unha clara razón: “Déronme sorte e non me apego deles (sorrí)”.

O San Lence é un equipo de referencia. Foi vivir á Coruña, con 15 anos, e alí comezou a xogar ao fútbol sala. Despois deu o salto ao Viaxes Amarelle FSF, para no 2013 fichar no Fisober FSF, conxunto no que estivo seis tempadas. Nelas tamén alternou xogando ao fútbol no Orzán SD (tres campañas) e no Muxía CF xuvenil, no que debutou en Arliña ante a SD Esteirana sendo a única muller sobre o terreo de xogo. Co Fisober FSF foi campión da liga autonómica e ascenderon a Segunda División Nacional.

Barca sente “futbolista”, debido a que explica: “Porque a maior parte da miña vida está enfocada ao fútbol”, pero tamén non pode evitar dicir: “Gústame correr e andar en bicicleta. Agora mesmo tería un gran dilema en inclinarme para unha destas dúas disciplinas, pero, tal vez, considérome máis atleta que ciclista, porque levo máis tempo practicando atletismo”. Coñecer un dos seus grandes retos non foi fácil para a muxiá, xa que logrou moitos ao longo destes anos nas diferentes disciplinas que practicou e practica. Pero tal vez lembra de forma especial a Volta Ciclista a Portugal no 2020: “Era unha proba a nivel internacional e con profesionais. Desde logo foi unha experiencia inesquecible e da que sempre lembrarei. Rodar con 200 ciclistas foi un auténtico subidón”, dixo. Barca Toba estudou educación física e fai dez anos que está a traballar. Neste momento está no CEIP Raquel Camacho, un centro da Coruña, no que sente totalmente realizada, porque tamén a docencia entra na súa filosofía de vivir e de entender a vida.

Ao ser o fútbol parte indispensable na súa traxectoria deportiva e á que lle dedicou unha parte importante da súa vida, é nesa disciplina onde ten ao deportista de gran referente: Zinedine Zidane, do que considera que foi o seu ídolo por todo o que representou como xogador e agora como adestrador. Pero tamén fai mención a Rafa Nadal, polo espírito competitivo que sempre demostra na alta competición ou con Cristiano Ronaldo, ao que considera un gran profesional, cunha gran dedicación para alcanzar os logros que conseguiu a base de moito traballo. O deporte sempre estivo e está presente na traxectoria de Barca Toba. Así dos sete días que compón a semana, seis ela dedícaos a adestrar. Cada xornada pode oscilar entre as dúas e as tres horas. Ese adestramento realízao na Coruña, a localidade na que vive, aínda que tira tanto a súa Muxía natal, que en calquera momento vén para a Costa da Morte. Se ao fútbol sala e ao fútbol chegou porque o levaba nos seus xenes, o seu pai foi un dos futbolistas destacados na Costa, do mesmo xeito que o seu irmán, o do ciclismo, como ela recoñece, “foi unha casualidade, debido a que comecei por mor dunha lesión muscular”. En cambio, no atletismo tiroulle porque sempre lle gustou correr, nesta especialidade sentía cómoda e non foi difícil adaptarse na competición.

Barca Toba estreou no XIII Dúatlon de Reis Concello de Vimianzo a súa nova elástica co Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial,
que o fixo en parellas e foron campións con Miro González Franco

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas