I TRAIL MOSTEIRO DE SOANDRES: Miguel Vázquez e Alba Rey vencedores absolutos

O cercedense Miguel Vázquez Grela, do Club Seteiros Ártabros, e a coruñesa Alba Rey Penelas, do AD Jarnachas, foron os vencedores do I Trail Mosteiro de Soandres Concello da Laracha, no que participaron 215 deportistas dos 303 rexistrados. Deles, 34 competiron na categoría feminina.

O tempo realizado en percorrer os 16 quilómetros foi de 1 hora, 7 minutos e 5 segundos e 1 hora, 19 minutos e 52 segundos, respectivamente. A boa organización recaeu en Abel Matos Cotelo e Anxo García Varela, que contaron coa colaboración do Club Laracha en dúas rodas, Protección Civil A Laracha, Policía Local e voluntarios. Antes de comezar a proba gardouse un minuto de silencio pola atleta soneirán Carmen García García. Tras o mesmo produciuse unha sonora ovación na súa memoria.

A xornada dominical, cun excelente tempo, aínda que con moito frío, concluíu coa repartición dos 60 quilos de callos que foron moi agradecidos polos participantes. Antes da saída tamén houbo café e rosca para todos. O percorrido constou dun traxecto de 16 quilómetros, no que non faltaron subidas e zonas de lamas. Tamén hai que destacar a presenza dunha atleta invidente, Carmen América Gómez Puente, que realizou o traxecto co seu guía, e concluíu no posto 205, despois de 2 horas, 10 minutos e 13 segundos.

Clasificación masculina
1. Miguel Vázquez Grela (Cerceda) 1:07:05
2. Nava González Arias (Zas) 1:09:02
3. Roberto Vázquez García (Cambre) 1:09:13
4. Adrián Rodríguez Cambón (A Laracha) 1:10:08
5. David Esteban Ferreiro (Carral) 1:10:49
6. Jesús Astray Castro (A Coruña) 1:13:00
7. Fabián Casabella Baltar (Cervo) 1:13:04
8. Rubén Gómez Lamas (Carballo) 1:13:09
9. Alejandro Martínez Varela (A Coruña) 1:13:35
10. Luís Cabanas Bocija (Culleredo) 1:13:46

Clasificación feminina
1. Alba Rey Penelas (A Coruña) 1:19:52
2. Belén Otero Fernández (A Coruña) 1:28:48
3. Uxía García Díaz (A Coruña) 1:29:14
4. María Rocha Pérez (A Coruña) 1:30:04
5. Shirley Soto (A Coruña) 1:32:49

Os 1º en diferentes categorías:
Sénior: Shirley Soto (A Coruña)
Sénior: Adrián Rodríguez Cambón (A Laracha)
Veteranos A: María Rocha Pérez (A Coruña)
Veteranos A: Alberto Castro Sánchez (Vilaboa)
Veteranos B: Elia Gallego (O Amorne)
Veteranos B: Jesús Astray Castro (A Coruña)

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas