Falar de Barrié, Eduardo Vidal Soto (Trabe – Ponteceso, 1947), é falar dos inicios da Liga da Costa, naquela histórica tempada de 1963.
Barrié, por aquel entón, era un neno apaixonado polo fútbol, deporte polo que rompeu moitos zapatos no campo da Feira, da Trabe, lugar onde reuníanse para disputar os míticos partidos entre os de Trabe e os de Ponteceso, o como eles entendían, os do barrio pobre contra os señoritos. Barrié era zurdo e xogaba, como todos por aquel entón, en todos os postos. A vinculación ca Liga da Costa foi a través do Puenteceso SD.
“Antes de disputar o primeiro partido oficial o Puenteceso SD – lembra cunha memoria prodixiosa Barrié-, que foi un 28 de decembro de 1963, o equipo xogaba no campo do Fraile, na saída da localidade pola estrada a Corme. Eu facía de axudante do utillero, que naquela época alcumaron Cucarrella, que era do Couto”. Barrié tan pronto cortaba as silvas que estaban nunha zona contigua ao recinto de xogo, como cosía as redes das porterías ou marcaba o terreo de xogo cun cubo e cas mans lanzaba a cal. Facía calquera cousas que se lle requiría e sempre estaba disposto a realizala. Despois de Cucarrella chegou Félix como utillero, outro non menos lendario nome na competición costeira.
O que son as cousas da vida, Barrié nunca chegou a xogar oficialmente co Puenteceso SD. É certo que xogou co equipo xuvenil, pero non estaba federado no campo do Fraile. O primeiro equipo no que xogou oficialmente foi o CD Baio, ao que chegou con varios compañeiros máis de Ponteceso. Tiña 17 anos. O conxunto baiés pagaba 100 pesetas por partido, o desprazamento do coche e ao final recibían un bocadillo no Bar O Hórreo. Foron dúas tempadas das que segue gardando uns recordos que están enmarcados na súa cabeza.
Barrié traballaba na panadería Velo, hoxe en día coñécese como Forniños, e por iso cando se foi á mili a Ferrol, a súa profesión xogou un papel importante. Foi destinado en Factorías, para facer o pan para as tripulacións dos barcos despois de realizar o cuartel en Ferrol. Tamén estivo embarcado no destrutor antisubmarino “Alva”. Despois de 15 meses, entrou no terceiro remplazo do 1969 e cumpriu en 1970, foise a traballar a Suiza, concretamente á localidade do Cantón de Berna: Kerces. Nesta estancia no país transalpino, do 1971 ao 1974, xogou no equipo Galicia de Berna, fronte a rivais dos Cantóns de Italia, Alemania ou Francia. Barrié, que traballaba de gruista, xogaba de extremo esquerdo. Antes de regresar ao seu Ponteceso natal, estivo en Logroño como encofrador. Pero ao falecemento do fundador da Panadería Velo, Antonio Velo Blanco, en 1984, o seu fillo, Antonio Velo Pet, chamouno para volver traballar na panadería. Algo que fixo ata a súa xubilación, nel cordeiro 2012.
Barrié, un apaixonado do fútbol, sempre foi seguidor do Puenteceso SD e do Deportivo, así como tamén ten apego ao FC Barcelona. Na Costa, si non xoga o seu equipo, é fácil velo en calquera campo presenciando encontros. O fútbol le chea totalmente. O protagonista desta historia lembra moi ben que o primeiro presidente do club da vila de Pondal e que foi Jesús Gómez López, “Quilómetro”, alcume posto por ser moi alto. Ángel Mato era o adestrador. Despois chegaron moitos presidentes: Tucho, Manuel Couto, Ramón Rama ou José Manuel Mato. Con todos eles tivo parte activa. O noso personaxe ocupou todos os postos na xunta directiva, menos o de presidente. Na actualidade é vicepresidente. Un dos recordos que fan sorrir a Barrié é na primeira época con 10 anos, cando ían a xogar contra Anllóns, Tella, Faro de Brantuas, Lestimoño ou Nantón, e collían un taxi de 8 prazas, pero realmente ían 14 para disputar eses amigables. Antes, con 8 anos, os desprazamentos facíanos en bicicleta, o que a podía ter, ou andando. Para ir a Faro Brantuas, que estaba a catro quilómetros, cruzaban polo monte para recortar el traxecto.
Barrié é unha persoa moi querida en calquera lugar da Costa, algo que tamén aprecia e sabe responder ca mesma gratitude cando os equipos visitan O Pinguel, aínda que antes fixérono no municipal ou no Fraile.