BASKETMI: Os ferroláns despídense da División de Honra tras finalizar a tempada na última posición

O conxunto ferrolán volverá a próxima tempada a disputar a liga en Primeira División tras confirmar o seu descenso na División de Honra ao non lograr ningunha vitoria nos vinte e cinco encontros disputados.

Os ferroláns nunca baixaron os brazos e a pesar do enorme salto de nivel que supón a División de Honra con respecto a Primeira e de que non puideron contar coas fichaxes desde o inicio de tempada, o Abeconsa Basketmi deuno todo en cada un dos partidos.

Na última xornada, o Basketmi caeu ante o CD Ilunión no Pavillón do Ensanche por 51-84. Ademais, tras rematar a presente campaña, Karol Szulc anunciou a súa marcha tras cinco tempadas no Basketmi e o club comunicou o cese do adestrador José Manuel Teijido.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),