O Baxi conquista a 13ª vitoria da tempada tras superar ao Domusa Teknik ISB por 84-58.
Saíu o Baxi co quinteto formado por Nevena Dimitrijevic, Claudia Soriano, Jessica Féquière, Marianne Kalin e Jenna Allen. Durante gran parte do primeiro cuarto, as cousas estaban moi igualadas, con ambos os dous equipos poñéndose continuamente por diante no marcador, ata que foi o Baxi quen nos minutos finais tomou o mando deixando o marcador nun 18-15.
No segundo cuarto o Baxi apertou máis e non deixaba que o Azkoitia reducira a vantaxe. Pouco a pouco, o conxunto ferrolán mostraba maior acerto de cara a canastra que as rivais, chegando ao descanso co resultado de 40-30.
Tras o descanso as de Lino López seguían sen baixar o ritmo, dominando o terceiro cuarto e sen dar oportunidades ao Azkoitia de igualar o partido, deixando o marcador en 59-36 con Patri Soler e Jenna Allen con 9 puntos como máximas anotadoras das locais.
No último cuarto o Baxi puxo a quinta marcha cun festival de puntos desde a liña de tres e non daría opcións a unha posible remontada das visitantes, rematando o partido co resultado de 84-58 e sumando a 13ª vitoria da temporada.
Marta Gómez foi a máxima anotadora do conxunto ferrolán con 13 puntos.
RESULTADO: Baxi 84-58 Domusa Teknik ISB
BAXI FERROL: Nevena Dimitrijevic (8), Ángela Mataix (7), Marianne Kalin (8), Jessica Féquière (0), Jenna Allen (9), Patri Soler (12), Irene Garí (11), Julieta Mungo (4), Andrea Boquete (12), Marta Gómez (13) e Claudia Soriano (0).
DOMUSA TEKNIK ISB: Sara Iparraguirre (10), Uxue Etxarte (3), Alazne Lizundia (15), Ana Carlota Faussurier (6), Josephine Filipe (10), Ainara Iturralde (2), Saioa Altzaga (2) e Intza Lizarazu (10).
CUARTOS: 18-15, 40-30, 59-36 e 84-58.
ÁRBITROS: Juan Alberto Pinela García e Guillermo García Martín. Sinalaron un total de 17 faltas, 9 das locais e 8 das visitantes.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.