BAXI FERROL: A décima xa está aquí

O Baxi segue acumulando triunfos, nesta ocasión, coa décima vitoria da tempada tras superar ao Lima Horta Barcelona por 74-57.

O conxunto ferrolán exhibiu gran nivel no primeiro cuarto, con gran porcentaxe de acerto en cada incursión a canastra e de tiro exterior, deixando o marcador en 24-16 con Jessica Féquière como máxima anotadora con 14 puntos.

No segundo cuarto, as locais estarían máis imprecisas no apartado de anotacións e notaríase, pois as rivais lograrían meterse no partido chegando ao descanso cun axustado 36-34.

Tras o descanso a cousa cambiaría, xa que as locais subirían unha marcha máis e non darían tregua, distanciándose pouco a pouco no marcador cunha Jenna Allen que anotaba todo o que lanzaba, chegando aos 18 puntos na súa conta persoal e co resultado de 54-42.

No último cuarto o Baxi non baixaría o ritmo e non cedería terreo ás súas rivais, mantendo a vantaxe e incluso incrementándoa ata poñer 17 puntos arriba e rematar o partido co resultado de 74-57, logrando a décima vitoria da tempada noutro gran partido das locais.

RESULTADO: Baxi Ferrol 74-57 Lima Horta Barcelona

BAXI FERROL: Ángela Mataix (1), Julieta Mungo (2), Marta Gómez (9), Andrea Boquete (10), Marianne Kalin (3), Claudia Soriano (0), Nevena Dimitrijevic (3), Irene Garí (4), Patricia Soler (4), Jenna Allen (24) e Jessica Féquière (14).

LIMA HORTA BARCELONA: Pauline Laurenson (0), Laura Arias (4), Paula Tutusaus (10), Cristina Soriano (10), Vanesa Verbo (5), Marina Valles (9), Carla Balague (0), Nuria Barrientos (7) e Mayra Leiva (12).

CUARTOS: 24-16, 36-34, 54-42 e 74-57.

ÁRBITROS: Miquel Remisa Tramúns e Aldo Jesús Rodríguez Francisco. Sinalaron un total de 40 faltas, 22 das locais e 18 das visitantes.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á undécima xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas